En base ao “Convenio de colaboración asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo e a Federación Galega de Municipios e Provincias, relativo á posta a dispor da Rede CeMIT para facilitar a realización dos exames correspondentes ao curso universitario”, a continuación publícase o mapa de centros CeMIT adscritos e que ofrecerán o servizo de conectividade para a realización de exames do alumnado universitario:
Para máis detalle, a continuación detállase a listaxe de aulas participantes por provincia coa ligazón para acceder aos datos de contacto:
A Fonsagrada | Lugo- María Balteiro |
Barreiros | O Vicedo |
Carballedo | Quiroga |
Foz | Ribadeo |
Guitiriz | Riotorto |
Lugo- O Castiñeiro | Viveiro |
Leiro | Ribadavia |
O Barco de Valdeorras | Sarreaus |
Beariz | Vilar de Santos |
Castro Caldelas | Xinzo de Limia |
Celanova | Xunqueira de Ambia |
Ourense |
A Cañiza | Pontevedra |
Campo Lameiro | Tomiño |
Cuntis | Valga |
Marín | Vigo |
Moaña | Vilagarcía de Arousa |
Poio | Vilanova de Arousa |
Ponteareas |
DATOS ACTUALIZADOS A 18/06/2020
A listaxe de aulas participantes poderá ampliarse ao longo dos próximos días coa adscrición de novos concellos. Esta información manterase actualizada no apartado de “Conectividade exames universitarios”, dispoñible na Web de CeMIT.
Os estudantes universitarios que queiran facer uso deste servizo, terán que darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT e seguir o Protocolo para a realización de exames universitarios na Rede CeMIT.
A Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega e conta coa colaboración de 92 entidades locais, está integrada por 98 aulas e está presente en 53 comarcas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS