En cumprimento do establecido na base Sexta.- Criterios de selección da Resolución do 16 de maio de 2020 (DOG nº 102, do 28 de maio), pola que se efectúa a convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tralo seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación, publícase o lugar e data de realización do sorteo público para a extracción das letras que determinarán a orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles na dita actividade formativa:
DÍA: Venres, 05 de xuño
HORA: 10:00 horas
LUGAR: Oficina CeMIT - Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Rúa Airas Nunes s/n - Conxo
Santiago de Compostela
· No sorteo extraeranse dúas letras do abecedario que determinarán, correlativamente, a primeira e segunda letra do primeiro apelido. As dúas extraccións levaranse a cabo con todas as letras.
· A orde de prelación comezará pola persoa solicitante cuxo primeiro apelido comece coas dúas letras extraídas, e, se non houbese ningunha, continuarase pola seguinte solicitante por orde alfabética pasando de «ZZ» a «AA».
· En caso de coincidencia no primeiro apelido entre varias persoas solicitantes, acudirase como criterio de desempate ao segundo apelido e nome, por orde alfabética. Cando os apelidos vaian precedidos de preposicións, conxuncións ou artigos, estes non serán tidos en conta
· En caso de ter máis solicitudes que número de prazas convocadas, terán preferencia as persoas preinscritas que non se matriculasen na edición inmediatamente anterior deste curso de teleformación titorizado.
· O resultado do sorteo así como as listaxes provisionais de persoas admitidas e en lista de agarda, será publicado no páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal)
· A Oficina CeMIT enviará ao correo electrónico persoal das persoas admitidas provisionalmente as instrucións do pagamento (ou de xustificación da exención) necesario para realizar a súa matricula, así como o prazo para a realización da mesma.
· Unha vez rematado o prazo para que as persoas admitidas aboen os dereitos de exame, e no caso de existiren prazas libres, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes.
· As persoas que resulten seleccionadas poderán comunicar a súa renuncia a participar no desenvolvemento da actividade con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS