En cumprimento do establecido na base Sexta.- Criterios de selección da Resolución do 16 de maio de 2020 (DOG nº 102, do 28 de maio) pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación, e unha vez realizado o sorteo público para a extracción das letras que determinarán a orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles na dita actividade formativa, COMUNÍCASE o resultado de dito sorteo:
· Unha vez aplicado o resultado do sorteo, as listaxes provisionais de persoas admitidas e en lista de agarda serán publicadas na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal) o luns 8 de xuño
· A Oficina CeMIT enviará ao correo electrónico persoal das persoas admitidas provisionalmente as instrucións do pagamento (ou de xustificación da exención) necesario para realizar a súa matricula, así como o prazo para a realización da mesma.
· Unha vez rematado o prazo para que as persoas admitidas aboen os dereitos de exame (12 de xuño), e no caso de existiren prazas libres, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes.
· As persoas que resulten seleccionadas poderán comunicar a súa renuncia a participar no desenvolvemento da actividade con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS