Aula CeMIT de Boiro.

A aula CeMIT do Concello de Boiro ofrece novos cursos presenciais para o mes de outubro

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Boiro | 16 Setembro 2020

aula CeMIT do Concello de Boiro oferta novos cursos en informática para o mes de outubro, que se van realizar de xeito presencial no Centro Social de Boiro. A programación de outubro inclúe catro actividades formativas de distintas modalidades: retoque de fotos, edición de vídeo e usos e vantaxes da suite de ofimática libre Libreoffice Writer e Calc.

O primeiro dos obradoiros que se vai impartir é o de Retoque de fotos con GIMP, que se vai impartir os días 5 6, 7 e 8 de outubro e no que os usuarios van aprender o funcionamento desta ferramenta de retoque de imaxes, debuxos ou fotografías. Os días 13, 14, 15 vaise realizar o curso de edición de vídeo.

As últimas actividades formativas van ser de manexo de Libreoffice. A primeira delas, os días 19, 20, 21 e 22 de outubro será de LibreOffice Writer para a creación de documentos en diversos formatos. Os días 26, 27, 28 e 29 vaise realizar o curso de LibreOffice Calc, no que os asistentes poderán aprender a traballar con follas de calculo. Todos os cursos se van realizar de forma presencial cumprindo coas medidas de seguridade e aforo, en horario de 10.00 a 12.30 horas. As prazas son limitadas e as inscricións poden facerse en axentetic@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 35.

Fonte: Código Cero
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS