En cumprimento do establecido na base Quinta.- Criterios de selección da Resolución do 5 de outubro de 2020 (DOG nº 207 do 14 de outubro), pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, e unha vez realizado o sorteo público para a extracción das letras que determinarán a orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles na dita actividade, COMUNÍCASE o resultado de dito sorteo:
O venres 23 de OUTUBRO publicarase a listaxe das persoas admitidas provisionalmente para a realización da matrícula, unha vez aplicado o resultado deste sorteo, así como a listaxe de reserva e de posibles excluídos.
Ás persoas admitidas provisionalmente nesta primeira fase se lles enviará un correo electrónico coas instruccións e prazo para realizar o pagamento (ou xustificar a súa exención)
Unha vez rematado ese primeiro prazo (xoves, 29 de OUTUBRO, inclusive), e no caso de existir prazas libres nas localidades solicitadas na súas inscricións, abrirase un novo procedemento de chamamentos e prazo de matriculación para as persoas que figuran na listaxe de reservas.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS