Aula CeMIT de Ames.

A canle de YouTube da aula CeMIT de Ames acadou preto de 6.000 visualizacións

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Ames | 18 Xaneiro 2021

Concello de Ames fixo balance da actividade recente da aula CeMIT, que, segundo lembra o Goberno local, levou a cabo en 2020 un programa de divulgación, dinamización e formación primordialmente telemático, cousa que “non impediu que se acadaran unhas cifras de participación e interacción coa veciñanza moi altas”.

Un exemplo do devandito foi o curso infantil online de Scratch, a última actividade programada que se realizou durante o Nadal, no que participaron 40 persoas.

Ademais, o pasado 2020 a aula CeMIT abriu unha canle en YouTube, canle que conta con 139 subscritores (90 subscritores novos); 112 directos; 5.900 visualizacións (media de 52 por vídeo); e 2.100 horas de vídeo visualizadas (media de 19 por vídeo). A aula CeMIT ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta, ademais dispón dun horario de aula aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores. A aula está situada no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns, na praza de Chavián, cun horario de luns a venres, de 9.00 a 13.00 horas.

Fonte: Código Cero
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS