Muller usando un portátil.

A aula CeMIT de Ponteareas abre o prazo de inscrición para os seus novos cursos tecnolóxicos

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Ponteareas | 03 Febreiro 2021

Concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Ponteareas informou do inminente comezo dunha nova serie de novos cursos na aula CeMIT, emprazada no Centro Social na rúa Oriente, desde onde se vai a seguir ofrecendo, as vindeiras semanas, formación informática totalmente de balde e para todas as idades e niveis de coñecemento.

Debido ás circunstancias actuais, a aula CeMIT abre o prazo de inscrición para os seguintes cursos que comezarán a impartirse neste mes de xeito non presencial:

  • Iniciación sitio web con Wordpress. Cun total de 9 horas/mes. Martes e mércores cunha hora e media diaria de 17:30 a 19:00 h. 
  • Introdución ao deseño gráfico con software libre (Inkscape, GIMP, etc.): Cun total de 12 horas/mes. Xoves e Venres de 17:00 a 19:00 h. do 11 ao 26 de febreiro.
  • Manexando o Google Drive. Cun total de 3 horas/mes. Do Martes 9 ao xoves 11 de febreiro de 19:30 a 20:30.
  • Fotos antigas, restauración co móbil e Intelixencia Artificial: Cun total de 2 horas/mes. Venres 12 de febreiro de 10:00 a 12:00h.
  • Iniciación procesador de textos LibreOffice. Cun total de 12 horas/mes. Luns, Martes e Venres do 15 ao 26 de febreiro de 10:00 a 12:00 h.
  • GIMP. Iniciación retoque fotográfico. Cun total de 8 horas/mes. Martes e Mércores do 16 ao 24 de febreiro entre as 19:30 e as 20:30h.
  • Aplicacións de retoque e mellora fotográfica co móbil (Snapseed, Toolwiz Photos, etc.): Cun total de 4 horas/mes. Quenda de Mañá: Martes 23 a viernes 26, una hora diaria de 12:30 a 13:30h Quenda de Tarde: Xoves e Venres 19:30 a 20:30 h. do 18 ao 26 de febreiro. 

O alumnado contará con titorías online e offline por correo electrónico e en liña segundo cita previa no horario de atención do aula todos os días de 9 a 11 horas e os mércores de 21:30 a 22:30h.

Para realizar a inscrición as persoas interesadas deberán contactar a través de chamada ou de mensaxe de Whatsapp no número de teléfono 634 238 962. Ademais poderán comunicarse coa aula CeMIT de Ponteareas a través do enderezo electrónico cemit.ponteareas@xunta.gal. O concelleiro de Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez, anima á veciñanza a contactar coa aula CeMIT e trasladarlle as súas necesidades formativas para “deseñar de xeito participativo os vindeiros cursos e adaptalos o máximo posible e optimizar así moito máis este servizo público ofrecido totalmente de balde”.

Fonte: Código Cero
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS