Muller usando un portátil.

Brión duplica os obradoiros dixitais para a veciñanza

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Brión | 09 Febreiro 2021

O Concello de Brión convocou dous cursos de informática en liña, de Word e Excel, e seis obradoiros dixitais para os meses marzo e abril, unha cifra que representa o dobre dos talleres tecnolóxicos achegados na convocatoria previa.

O Goberno de Brión sinalou que en todos os casos as inscricións poderán realizarse ata unha semana antes do inicio do curso na aula CeMIT ben por teléfono, 981 50 99 08 (martes e xoves, de 10:00 a 13:00 horas) ben a través da conta de correo cemit.brion@outlook.com (achegando datos persoais e nome do curso ou do obradoiro).

Os dous cursos básicos de manexo dos programas Word e Excel terán unha duración de 40 horas e un prezo de 50 euros cada un. O Concello explicou que “por mor das restricións da COVID-19” este ano os cursos celebraranse en liña, durante os meses de marzo e abril, con titorías por vídeo-conferencia. Darase a posibilidade de obter un certificado do curso previa superación dun exame. No que atinxe aos obradoiros dixitais, a “boa resposta da veciñanza durante o ano 2020” fixo que o Concello de Brión optase por duplicar esta oferta formativa gratuíta. Trátase de pequenos obradoiros para aprender o manexo de tecnoloxías e programas moi concretos: certificado dixital, zoom, seguridade social, sede electrónica, SEPE e Chave365. A duración é de 2 horas por obradoiro, que contará con titorías por vídeo-conferencia os martes e xoves, previa solicitude da mesma por correo electrónico.

Fonte: Código Cero
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS