Nova convocatoria de probas de avaliación presenciais para a obtención do CODIX - Publicación no DOGA o xoves 25 de marzo

Valoración 
Your rating: Ninguno Average: 5 (1 vote)
VOLVER
ImprimirEnviar
18 Marzo 2021

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abrirá o venres 26 de marzo o prazo de inscrición nas probas libres de avaliación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. Así se recolle na convocatoria enviada ao Diario Oficial de Galicia e que sairá publicada previsiblemente o xoves 25 de marzo,  con 410 prazas en diversas localidades de Galicia

Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola súa formación adquirida por diferentes medios (cursos, academias, autoformación, etc), xa posúe os coñecementos necesarios  das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice.

A inscrición poderá realizarase por internet a través dunha nova publicada na nosa web (https://cemit.xunta.gal)  a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, dende o  venres 26 de marzo ata o luns 05 de abril inclusive, sendo necesario estar dado de alta como usuario/a da rede CeMIT para formalizar á mesma.
 
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, o 5 de abril realizarase o sorteo público de extración das letras do primeiro apelido para a establecer a prelación por orde alfabética e se publicará a relación provisional de persoas admitidas con dereito a matriculación na páxina web da rede CeMIT, así como un número axeitado de reservas naquelas localidades que teñan mais solicitudes que prazas dispoñibles.
 
As persoas admitidas provisionalmente recibirán un correo electrónico coas instrucións necesarias para a súa matriculación: deberán aboar no prazo de cinco días hábiles desde a data da publicación na web da relación provisional a taxa de 10,63 euros correspondente aos dereitos de exame, sendo excluídos aquelas persoas aspirantes que non aboen a citada taxa ou non xustifiquen a exención da mesma por estar inscrito como demandante de emprego ou por ter unha minusvalía do 33% ou superior.

Os adiantamos os lugares, días e horas de realización das probas, donde poderedes inscribiros a partir do venres 26 de marzo  nos enlaces que habilitaremos enriba no nome de cada localidade.

É importante resaltar que soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídos os que figuren inscritos en máis dunha localidade ou horario.

Pode comprobar e actualizar os seus datos persoais, credenciais de acceso ou a conta de correo electrónico para comunicacións na web https://aulascemit.xunta.es/usuarios


LOCALIDADE PROVINCIA DIA HORA PRAZAS
Ames Coruña, A Mércores, 5 de maio 10:00 7
Abegondo Coruña, A Mércores, 5 de maio 10:00 10
Betanzos Coruña, A Mércores, 5 de maio 10:00 10
Coruña, A - Eirís Coruña, A Mércores, 5 de maio 10:00 10
Vimianzo Coruña, A Mércores, 5 de maio 10:00 6
Barreiros Lugo Mércores, 5 de maio 10:00 6
Lugo Lugo Mércores, 5 de maio 10:00 8
Campo Lameiro Pontevedra Mércores, 5 de maio 10:00 6
Tomiño Pontevedra Mércores, 5 de maio 10:00 9
Vilagarcía Pontevedra Mércores, 5 de maio 10:00 10
         
         
LOCALIDADE PROVINCIA DÍA HORA PRAZAS
Ames Coruña, A Xoves, 6 de maio 10:00 7
Boiro Coruña, A Xoves, 6 de maio 10:00 10
Oroso Coruña, A Xoves, 6 de maio 10:00 10
Pontedeume Coruña, A Xoves, 6 de maio 10:00 8
Ribeira Coruña, A Xoves, 6 de maio 10:00 8
Monterroso Lugo Xoves, 6 de maio 10:00 10
Cuntis Pontevedra Xoves, 6 de maio 10:00 8
Estrada, A Pontevedra Xoves, 6 de maio 10:00 9
Lalín Pontevedra Xoves, 6 de maio 10:00 12
Moaña Pontevedra Xoves, 6 de maio 10:00 7
Pontevedra Pontevedra Xoves, 6 de maio 10:00 12
Tomiño Pontevedra Xoves, 6 de maio 10:00 9
Valga Pontevedra Xoves, 6 de maio 10:00 6
Vigo Pontevedra Xoves, 6 de maio 10:00 6
         
         
LOCALIDADE PROVINCIA DÍA HORA PRAZAS
Betanzos Coruña, A Xoves, 6 de maio 16:00 10
Coruña, A Coruña, A Xoves, 6 de maio 16:00 10
Pontedeume Coruña, A Xoves, 6 de maio 16:00 8
Santa Comba Coruña, A Xoves, 6 de maio 16:00 12
Santiago de C. Coruña, A Xoves, 6 de maio 16:00 9
Vicedo, O Lugo Xoves, 6 de maio 16:00 4
Barco, O Ourense Xoves, 6 de maio 16:00 6
Cañiza, A Pontevedra Xoves, 6 de maio 16:00 18
Cuntis Pontevedra Xoves, 6 de maio 16:00 8
Moaña Pontevedra Xoves, 6 de maio 16:00 7
Vigo Pontevedra Xoves, 6 de maio 16:00 6
         
         
LOCALIDADE PROVINCIA DÍA HORA PRAZAS
Ames Coruña, A Venres, 7 de maio 10:00 7
Betanzos Coruña, A Venres, 7 de maio 10:00 10
Boiro Coruña, A Venres, 7 de maio 10:00 10
Brión Coruña, A Venres, 7 de maio 10:00 6
Cerceda Coruña, A Venres, 7 de maio 10:00 4
Fisterra Coruña, A Venres, 7 de maio 10:00 5
Oroso Coruña, A Venres, 7 de maio 10:00 10
Ortigueira Coruña, A Venres, 7 de maio 10:00 4
Carballedo Lugo Venres, 7 de maio 10:00 3
Guitiríz Lugo Venres, 7 de maio 10:00 14
Celanova Ourense Venres, 7 de maio 10:00 9
Marín Pontevedra Venres, 7 de maio 10:00 9
Poio Pontevedra Venres, 7 de maio 10:00 5
Pontevedra Pontevedra Venres, 7 de maio 10:00 12

 

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS