Cartel da iniciativa.

A aula CEMIT de Ribeira organiza cursos sobre a seguridade na Rede e banca electrónica

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Ribeira | 30 Marzo 2021

A aula CeMIT de Ribeira vai acoller durante os meses de abril, maio e xuño un total de 160 horas formativas distribuídas en dez cursos abertos á poboación do municipio. Todos eles, de carácter presencial, gratuítos e respectando as normas de seguridade anti-COVID, tal e como explicou a concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, nun acto no que estivo acompañado do axente TIC local Manuel Bello.

Dúas das accións serán, segundo indicaron, “innovadoras en relación a anteriores convocatorias”. Concretamente, un seminario de seguridade en Internet que se vai celebrar do 7 ao 9 de abril e outro da banca electrónica, do 1 ao 4 de xuño. O certificado dixital, a suite LibreOffice, iniciación á informática, as ferramentas de Google, o retoque de imaxe (GIMP), o editor de textos Write, as follas de cálculo e máis a ferramenta autonómica É-Saúde son as temáticas dos outros cursos que se impartirán ao longo da primavera.

Inscricións

O prazo de inscrición comeza este martes ás 9 horas ata cubrir prazas. Pódese formalizar contactando coa propia aula CeMIT situada en Cubeliños (teléfono 981 876 043) ou a través da ligazón específica da aula.
Cómpre lembrar que a aula ten un cincuenta por cento de capacidade (seis prazas), que o uso da máscara é obrigatoria durante toda a sesión e que haberá ventilación continua durante as clases e hixiene de mans a disposición dos usuarios. 

Relación de cursos:
CURSOS ABRIL – MAIO

  • Certificado dixital – Sede electrónica. Contido: Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo, facer copia del e renovalo. Coñecer algúns trámites electrónicos que ofrecen as administracións públicas. Data: 05 de abril de 2021 – 08 de abril de 2021 Horario: 10:00 – 11:30 Data: 05 de abril de 2021 – 08 de abril de 2021 Horario: 16:30 – 18:00
  • Seminario de Seguridade en Internet. Contido: Coñecer os riscos que supón a navegación pola Internet. Tomar as precaucións axeitadas para a navegación. Medidas preventivas. Data: 07, 08, 09 Abril Horario: 11:30 – 13:00.
  • LibreOffice. Contido: Manexo do editor de texto, da folla de cálculo e do creador de presentacións LibreOffice. Data: 12 de abril de 2021 – 26 de maio de 2021. Luns e mércores Horario: 09:30 – 11:00
  • Iniciación á informática. Contido: Descubrir diferentes utilidades do ordenador. Coñecer os elementos básicos dun ordenador. Familiarizarse co uso do teclado e do rato e co uso dun sistema operativo. Crear e xestionar cartafoles e ficheiros. Abrir, utilizar e pechar programas. Iniciarse na navegación pola Internet. Data: 15 de abril de 2021 – 27 de maio de 2021 . Martes e xoves Horario: 09:30 – 11:00
  • Ferramentas de Google. Contido: Manexo do Google Drive, Google Calendar, Google Maps, Google Photos. Data: 15 de abril de 2021 – 27 de maio de 2021 . Martes e xoves Horario: 11:30 – 13:00. Martes e xoves
  • Retoque de imaxe. GIMP. Contido: Co programa GIMP realizar pequenos retoques de imaxe, inserir texto nunha fotografía cun formato axeitado, modificar as propiedades da cor dunha fotografía… Data: 13 de abril de 2021 – 13 de maio de 2021 Horario: 16:30 – 18:00

CURSOS XUÑO

  • Banca electrónica. Contido: Supostos con dúas webs sobre banca electrónica Data: 01 de xuño de 2021 – 04 de xuño de 2021 Horario: 10:00 – 11:30 
  • Seminario Write. Contido: Manexo do editor de texto do LibreOffice Data: 07 de xuño de 2021 – 11 de xuño de 2021 Horario: 10:00 – 11:30
  • Seminario Calc. Contido: Manexo da folla de cálculo do LibreOffice Data: 14 de xuño de 2021 – 18 de xuño de 2021 Horario: 10:00 – 11:30
  • Seminario É-Saúde. Contido: Manexo da ferramenta do Sergas É-Saude: Data: 21 de xuño de 2021 – 23 de xuño de 2021 Horario: 10:00 – 11:30
Fonte: Código Cero
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS