RESULTADO do sorteo público das letras para establecer a orde de prelación - Exames presenciais CODIX 1/2021

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
06 Abril 2021

En cumprimento do establecido na base Quinta.- Criterios de selección da Resolución do 15 de marzo de 2021 (DOG nº 57 do 25 de marzo) pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galegas de competencias dixitais en ofimática, e unha vez realizado o sorteo público para a extración das letras que determinarán a orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles na dita actividade, COMUNÍCASE o resultado de dito sorteo:

PRIMEIRO APELIDO QUE COMECE POLAS LETRAS:  O B

Unha vez aplicado o resultado do sorteo, as listaxes provisionais de persoas admitidas e en lista de agarda serán publicadas na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal) o mércores 7 de abril

A Oficina CeMIT enviará ao correo electrónico persoal das persoas admitidas provisionalmente as instrucións do pagamento (ou de xustificación da exención) necesario para realizar a súa matricula, así como o prazo para a realización da mesma.

Unha vez rematado o primeiro prazo para que as persoas admitidas aboen os dereitos de exame (mércores 14 de abril), e no caso de existiren prazas libres, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes por localidades. 

As persoas que resulten seleccionadas poderán comunicar a súa renuncia a participar no desenvolvemento da actividade. A devandita renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es para evitar posibles penalizacións futuras.

 

 

Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS