Unha vez aplicado o resultado do sorteo publico das letras para establecer a orde de prelación das persoas inscritas con dereito a matriculación, publícase a listaxe de persoas admitidas provisionalmente, excluídas e en listaxe de agarda para a realización das probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, convocadas por Resolución do 15 de marzo de 2021 (DOG nº 57 do 25 de marzo)
As persoas seleccionadas que figuran na listaxe de admitidas provisionalmente disporán dun prazo de 5 días hábiles (ata o vindeiro mércores 14 de abril) para realizar o pagamento de 10,63 € correspondente aos dereitos de exame -ou xustificar a exención de dito pagamento-, seguindo as instrucións que se lles envian por correo electrónico.
* Importante:
Unha vez realizado o pagamento deberán achegar o xustificante do mesmo (unha foto, escaneo de imaxe, etc) ou, no seu defecto, o documento acreditativo da súa exención, ao enderezo electrónico formacion-cemit@xunta.gal para proceder a súa matriculación, que lle será comunicada a volta de correo nun prazo máximo dun día laborable.
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía |
Accesibilidade |
Aviso Legal |
RSS