Aplicacións sobre saúde

Aula CeMIT de Fisterra: 10 anos e máis de 7000 horas formativas loitando contra a fenda dixital.

Un servizo que vén sendo fundamental para loitar contra a fenda dixital, para axudarlle aos maiores a conectar coas novas tecnoloxías, e aos non tan maiores a adaptarse aos novos tempos.

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Aula CeMIT Fisterra | 28 Abril 2021
Nesta mesma semana do mes de abril fai 10 anos, abría as súas portas unha aula CeMIT no concello de Fisterra, sumándose así ás restantes espalladas pola xeografía galega.
Concretamente, o centro localizado neste concello ofrece 13 postos de ordenador e rede sen fíos, dos que os/as usuarios/as poden facer uso gratuitamente; pero non só das instalacións, senón tamén das numerosas actividades, tamén de balde, que se levan a cabo na Casa do Arco (lugar onde se empraza, tamén coñecido como Chalé de Vilas). Destacan principalmente as actividades de alfabetización dixital, tanto de achegamento ao uso do ordenador, como do teléfono móbil, aínda que a formación non se limita á alfabetización, xa que ao longo destes anos se ofertaron cursos e charlas de temática máis específica e avanzadas, mesmo formación a través de videoconferencia dende Fisterra a outras aulas da Rede. Concretamente, suma máis de 7000 horas formativas presenciais, ás que este ano, suscitada pola situación sanitaria e adaptándose ás necesidades dos/as usuarios/as se engadiron tamén horas de formación en liña, acollidas cun alto número de inscricións e valoracións moi positivas, ao permitir o estudio, apoiado en titorías individualizadas, sen mobilizarse dos seus domicilios.
Pero ademais da formación, este lugar destaca polo asesoramento e axuda que brinda aos/ás veciños/as que o precisen: dende unha videochamada por Whatsapp, a volver encher a axenda do novo teléfono cos contactos antigos, á descarga dunha vida laboral ou acceso aos informes do Sergas, actividade que non chegou nin a paralizarse sequera durante a pandemia, xa que de xeito telemático (vía chamada telefónica, mensaxería ou videochamada) seguiu proporcionándose.
Cúmprense polo tanto 10 anos de aprendizaxe continua e bidireccional, na que Alicia López, responsable do centro, coordinadora das actividades e formadora, case na súa totalidade das mesmas, di non deixar de aprender, tanto na metodoloxía, como nas novas ferramentas, como en base ás necesidades que as propias persoas usuarias traen consigo á aula.
Fonte: Alicia CeMIT Fisterra
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS