A Amtega e a Rede CeMIT súmanse á celebración do Día de Internet cunha serie de actividades en colaboración coa Asociación Somos Digital

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
Santiago de Compostela | 20 Maio 2021
  • A Rede CeMIT participou o pasado 12 de maio no encontro “Experiencias Somos Dixital - Centros de competencias dixitais clave na transición dixital” e organiza o vindeiro 21 de maio a xornada “Deféndete das noticias falsas” como peche dos actos conmemorativos do Día de Internet.
  • O obxectivo destas iniciativas é seguir fomentando o interese pola capacitación dixital e a mellora das habilidades dixitais da cidadanía así como poñer en valor a labor realizada polos centros de competencias dixitais e os seus dinamizadores/as.

A Rede CeMIT, liderada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), participa nos actos conmemorativos do Día de Internet organizados pola Asociación Somos Digital, a través da súa colaboración virtual no encontro “Experiencias Somos Dixital – Centros de competencias dixitais clave na transición dixital” e a celebración o vindeiro 21 de maio da xornada “Deféndete das noticias falsas” da aula CeMIT de Cuntis poñendo o peche aos actos conmemorativos desta data.

Con estas sesións, a Rede CeMIT ten como obxectivo seguir fomentando o interese pola capacitación dixital e a mellora das habilidades dixitais da cidadanía así como poñer en valor a labor dos seus dinamizadores e dinamizadoras no proceso de transición dixital da cidadanía.

Así pois, o pasado 12 de maio a aula CeMIT de Vimianzo, en representación da Rede CeMIT, participaba de xeito virtual expoñendo o seu proxecto de boas prácticas a través da presentación da campaña levada a cabo para a promoción do comercio e a hostalería locais no encontro nacional “Experiencias Somos Dixital – Centros de competencias dixitais clave na transición dixital”.

Neste acto, dispoñible na canle de YouTube da Asociación Nacional Somos Digital, púxose de manifesto a importantísima labor dos responsables das aulas CeMIT no impulso social e dixital, sobre todo, nun momento no que a pandemia facía palpable a importancia da formación no ámbito dixital. Adicionalmente, neste encontro foi posible coñecer unha gran variedade de boas prácticas levadas a cabo por toda a xeografía española a través dos centros de competencias dixitais de Burgos, Talavera de la Reina, Zamora, Valencia, Córdoba e Cáceres.

Continuando con esta colaboración, o vindeiro 21 de maio está prevista a realización da xornada “Deféndete das noticias falsas” organizada pola aula CeMIT de Cuntis en horario de 12:00 a 14:00 horas.

Este seminario pon o peche a un ciclo de conferencias promovido pola Asociación Somos Digital, para conmemorar o #diadeinternet 2021 co fin de poñer de manifesto a importancia da calidade e a integridade da información que manexa a opinión pública e que repercutirá na súa capacidade para fomentar un pensamento crítico e libre.

As persoas interesadas poden inscribirse a esta sesión de xeito gratuíto a través da páxina web de CeMIT na seguinte ligazón e seguir o seminario desde as súas casas ou achegarse de xeito presencial ás aulas CeMIT de Celanova, Oroso e Pontevedra.

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega e conta coa colaboración de 91 concellos, está integrada por 97 aulas e está presente en 52 comarcas, co obxectivo común de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente integrada na sociedade dixital. A rede é un dos instrumentos principais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia para ofrecer a cidadanía recursos de capacitación dixital en función do seu nivel de coñecemento.

Fonte: Red CeMIT
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS