Cartel da iniciativa.

A Guarda achega á rapazada formación informática de balde para a época estival

Valoración 
Aínda sen votos
VOLVER
ImprimirEnviar
A Guarda | 09 Xuño 2021

aula CeMIT da Guarda organiza este verán unha nova formación en informática de balde dirixida a nenas e nenos (de 9 a 14 anos). A actividade, segundo sinalan dende o Concello, “terá un enfoque pedagóxico centrado nas persoas participantes”, amais de constituírse como unha oportunidade para que a rapazada poida seguir formándose en tempo de vacacións (nun ámbito tan relevante como é o das novas tecnoloxías).

Realizarase unha formación adaptada aos intereses e motivacións de cada asistente, contando con grupos reducidos e prazas limitadas. As inscricións pódense realizar no Centro Cultural (1º andar), chamando ao 986 611850 ou no correo electrónico cemit.aguarda@xunta.gal (con autorización da nai, pai, titor/a legal). O Concello recorda que a día de hoxe están a desenvolverse na aula CeMIT outros cursos dirixidos a persoas adultas que contan con prazas libres: procesador de textos, mecanografía, correo electrónico, iniciación á informática e curso básico de xestión de redes sociais para negocios. Estes cursos poden consultarse ao detalle na web da aula.

Fonte: Código Cero
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS