23 Xuño 2011
O Centro CeMit, Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, do Concello de O Barco de Valdeorras celebrará cursos no vindeiro mes de xullo.
13 Xuño 2011
O Concello de Celanova ofrecerá a partires deste mes cursos de Alfabetización dixital e introdución ao manexo das novas tecnoloxías.
09 Xuño 2011
O goberno municipal aposta así por ofrecer á veciñanza recursos formativos que redunden na mellora da súa calidade de vida mediante o uso das novas tecnoloxías.
10 Maio 2011
O Presidente da Xunta de Galicia visita a Aula CeMIT de Ponteareas. A Rede CeMIT ten o obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital
02 Abril 2011
Curso de Axuda ao estudo a través de Internet para nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria. Os rapaces coñecerán os perigos da rede e aprenderán as páxinas educativas máis valoradas así como xogos on line e páxinas de busca.
Foto da Secretaría Xeral de Medios
24 Marzo 2011
A Secretaría Xeral de Medios inaugurou hoxe as aulas CeMIT (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) dos concellos de Fisterra (A Coruña) e Viana do Bolo (Ourense), nas que investiu 200.000 euros. No centro de Fisterra, estivo presente o alcalde, José Manuel Traba, quen conduciu a videoconferencia que se estableceu coa aula de Viana do Bolo.
23 Marzo 2011
O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, salientou hoxe o grao de implantación da rede CeMIT en Galicia, que conta con 94 aulas presentes en 88 concellos galegos e se ten convertido nun referente tecnolóxico na nosa comunidade. Cabaleiro destacou que a Xunta está a cumprir o compromiso de que cada cidadán poida contar cunha aula CeMIT a menos de trinta minutos do seu lugar de residencia.
foto aula CeMIT de Castro Caldelas
21 Marzo 2011
O Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, acompañado polo alcalde de Castro Caldelas, Eladio Osorio, inaugurou hoxe unha nova aula CeMIT (ubicada no Toural S/n). Con esta nova incorporación á REDE CeMIT ( Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) a Xunta de Galicia pretende dotar ós veciños dun espazo aberto de comunicación que se configura como un vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade autónoma, convertendo este aula nun servizo apropiado para familiarizar á cidadanía coas canles e soportes audiovisuais e multimedia facilitando o acceso de balde a INTERNET e conseguindo a alfabetización dixital.
Acceso usuarias/os

Boletin Electrónico

banner codix

Faite Dixital

Próximas videoconferencias
Actualmente non existen próximas videoconferencias programadas
Séguenos!
facebook twitter Flickr delicious issuu netvibes
Faite dixital
videoteca
  • Espazo multimedia de aprendizaxe
  • Logo Faite Dixit@l!
  • Voluntariado Dixital
  • Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia
  • Ligazón ao Centro Demostrador TIC de Galiza
  • Xente dixital
  • Agora máis que nunca - Cruz vermella

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada pola Xunta de Galicia
Atención á cidadanía | Accesibilidade | Aviso Legal | RSS