O concello de Carballedo participa na iniciativa para a realización dos exames universitarios na aula CeMIT, froito do convenio de colaboración asinado entre AMTEGA, as tres Universidades galegas e a FEGAMP.
Os estudantes universitarios que queiran facer uso deste servizo terán que: darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT, reservar praza na aula, agardar a confirmación da praza e por último acudir á aula para realizar o exame.
Para máis información contactar coa Axente TIC do Concello no 982 46 62 01 ou enviando un correo a cemit.carballedo@xunta.es