Aula Mentor EDUCAOROSO
Servizo de apoio, reforzo, titorización e/ou asesoramento ás actividades realizadas na aula, é dicir, entendido como un horario no que a aula está aberta con presenza dun profesional que axuda a solventar as dúbidas sobre emprego das TIC e facilita orientación sobre o emprego das mesmas as persoas que acuden á Aula
Aula Mentor EDUCAOROSO
01
Jan
-
31
Dec
Oroso
Horario
12:30-19:30
Tema
Formación dixital básica
Modalidad
Presencial
Horas totales
665
Plazas totales
99
Plazas libres
87
Inscripciones
15
Nivel
Básico
Edad mín.
16
Edad máx.
85
Profesores
Miguel Anxo Gómez Mosquera
Observaciones
Mais de 170 cursos:
http://www.concellooroso.com/edu/mentor/info.htm
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración co Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa (CNICE) do Ministerio de Educación e Ciencia, poñen en marcha unha ampla oferta de cursos mediante o uso das últimas tecnoloxías informáticas e audiovisuais (internet). A oferta formativa facilita a oportunidade de actualizar o perfil profesional, potenciar o acceso ao emprego e aumentar a formación básica. Son ensinanzas non regradas para persoas adultas, abertas, flexibles e a distancia, con titoría telemática a través de internet.
Dirixido a persoas maiores de 18 anos. Non se require titulación previa. Calquera adulto que se desexe formar para acceder a un posto de traballo ou aumentar o seu nivel cultural.
Organización.
As aulas onde se realizan as actividades de formación dispoñen de recursos tecnolóxicos avanzados, como ordenadores, número de conta en internet para cada alumno, CD-ROM, vídeos, biblioteca, etc…, así como un profesor-administrador que axuda aos alumnos/as nas súas conexións á rede, na comunicación co titor e en todo o que facilite o proceso de aprendizaxe.
O horario de asistencia á aula acórdase co profesor-administrador do centro.
Os cursos poden iniciarse calquera día do ano escolar e cada alumno leva o seu ritmo de aprendizaxe.
O titor non está na aula, comunícase co alumno por correo electrónico e contesta en 24 horas a todas as dúbidas.
Acreditación.
Ao superar o curso, o alumno recibe unha certificación de aproveitamento emitida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.