Tutorias presencias para a obtención do CODIX na modalidade de autoformación
CURSO DE TELEFORMACION de 190 horas titorizada a través de internet con horario libre para a súa realización durante as 24 horas. Soamente será presencial o exame final ao remate do curso
Tutorias presencias para a obtención do CODIX na modalidade de autoformación
02
Feb
-
25
Mar
Padrón
Horario
19:00-20:00
Tema
CODIX - Certificación competencias dixitais en ofimática
Modalidad
Presencial
Horas totales
16
Plazas totales
12
Inscripciones
13
Nivel
Medio
Edad mín.
16
Edad máx.
85
Profesores
Sandra Ferreiro Santos
Observaciones
O CODIX é unha certificación que acredita que a persoa titular conta coas capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no Plan formativo ofimático de Galicia. Pode obterse esta certificación mediante a superación dunha proba convocada para ese fin pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ou ben a través da acreditación de posuír outros títulos equivalentes.
Este programa pode seguirse na modalidade de autoformación a través do Espazo Multimedia de Aprendizaxe (EMA) da Rede CeMIT co único requisito de ser usuario rexistrado maior de 16 anos.
Coa finalidade de facilitar a realización de dito curso o CeMIT de Padrón ofrecerá tutorías presencias sobre as 5 unidades formativas que compoñen o programa de autoformación para obter o CODIX, na súa modalidade de Software Libre, é dicir, baseándose no uso do sistema operativo GNU/Linux e a suite ofimática LibreOffice:
1. Sistema Operativo, busca de información, Internet/Intranet e correo electrónico (30 h).
2. Aplicacións informáticas de tratamento de textos: LibreOffice Writer (30 h).
3. Aplicacións informáticas de follas de cálculo: LibreOffice Calc (50 h).
4. Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais: LibreOffice Base (50 h)
5. Aplicacións informáticas para presentacións gráficas: LibreOffice Impress (30 h)