CHARLA do PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL
CHARLA do PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL
29
Oct
-
29
Oct
Padrón
Horario
17:00-18:00
Modalidad
Presencial
Horas totales
1
Plazas totales
50
Plazas libres
50
Edad mín.
16
Edad máx.
29
Observaciones
O programa de Garantía Xuvenil, que coordina a Xunta de Galicia, continúa este xoves na aula CeMIT de Padrón dentro da campaña de charlas que percorrerán máis de medio cento de concellos galegos co obxectivo de informar a mozos e mozas de entre 16 e 29 anos que actualmente non estean traballando nin recibindo educación ou formación sobre as posibilidades que lle achega este programa.
O obxectivo do Programa de Garantía Xuvenil é que os participantes poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua, formación de aprendiz ou acceder a un período de prácticas nun prazo de catro meses despois de acabar a educación formal ou quedar desempregados.
Para acadar este fin, o programa de Garantía Xuvenil vertébrase en catro eixos: mellora da intermediación (servizo de orientación e información laboral), mellora da empregabilidade (obradoiros de emprego, prácticas non laborais en empresas), estímulos á contratación (bonificacións e incentivos a empresarios que contraten a mozos e mozas inscritos no sistema nacional de Garantía Xuvenil) e fomento do emprendemento (axudas á creación de empresas propias e cooperativas).
Para máis información, pódese visitar o sitio web do programa de Garantía Xuvenil (garantiaxuvenil.xunta.es), así como os perfís habilitados en Facebook e Twitter.
Recordemos que estas jornadas están destinadas a informar a jóvenes de entre 16 y 29 años que actualmente no estén trabajando ni recibiendo educación o formación.
Los interesados en apuntarse pueden llamar al 881 99 57 00 o bien escribir un correo a: garantiaxuvenil@xunta.es