Etiquetaxe e alimentos funcionais
Etiquetaxe e alimentos funcionais
02
May
-
02
May
Santa Comba
Horario
16:00-17:30
Modalidad
Presencial
Horas totales
1.5
Plazas totales
20
Plazas libres
13
Inscripciones
7
Edad mín.
16
Edad máx.
85
Observaciones
Videoconferencia dende a Escola Galega de Consumo./ Na primeira parte da charla falarase sobre a etiquetaxe dos productos, que está presente a diario nas nosas compras, aínda que moitas veces non nos decatemos. Cando imos ao supermercado atopamos estanterías cheas de produtos, moitos deles con envoltorios que chaman a nosa atención... pero, en que nos baseamos para escoller un produto ou outro? Reparamos nas etiquetas? Dánnos unha información útil? Entendemos esa información e coñecemos todos o conceptos que aparecen nas etiquetas? Esta charla pretende resolver todas estas preguntas e nela aprenderemos a ler correctamente as etiquetas para coñecer toda a información que ofrecen e, deste xeito, escoller o produto que mellor se adapte ás nosas necesidades. A segunda parte da charla céntrase nun tipo de alimentos en concreto, os denominados "alimentos funcionais". Os alimentos funcionáis son aqueles que, ademais de ter as súas propiedades habituais, teñen algún efecto que achega beneficios adicionais para a saúde. Adoita ser un efecto preventivo ou protector. É dicir, pode ser un efecto de melloría para a saúde ou a diminución do risco dunha enfermidade (colesterol, efectos asociados á menopausia, etc). Aprenderemos a coñecer estes produtos e a identificar os seus pretendidos efectos adicionais