Taller práctico Drones

Taller práctico Drones
Curso
18 Jul
- 28 Jul

Oroso

Horario
10:00-12:00
Tema
Capacitación avanzada en ferramentas TIC
Modalidad
Presencial
Horas totales
16
Plazas totales
15
Inscripciones
19
Nivel
Medio
Edad mín.
1
Edad máx.
99
Profesores
Miguel Anxo Gómez Mosquera
Observaciones
A través deste taller de formación preténdese achegar coñecemento acerca da tecnoloxía dos drons do que tanto se está a falar. Destinatarios: Público en xeral que queira coñecer mais acerca dos Drons e persoas interesadas en orientar a carreira profesional nesa dirección. Para a realización do curso non é necesario posuír coñecementos previos de aeronáutica. Obxectivos: Trátase de orientar dun xeito sinxelo e práctico a calquera persoa con interese no ámbito dos vehículos aéreos non tripulados, tanto con unha finalidade profesional como lúdica. O curso é un paso previo perfecto antes de obter a certificación de piloto de RPA´s ou posterior para profundizar nas posibilidades de negocio e coñecer de xeito práctico as ferramentas coas que se traballa. Ao rematar o taller formativo, os asistentes posuirán unha visión mellorada e global de todo o sector relacionado có mundo dos drons e que lle axudará á comprensión do seu funcionamento, desde o punto de vista legal vixente, ata cómo funciona un RPA desde unha visión real e práctica. Os asistentes ao curso recibirán toda a información necesaria para coñecer o sector e desde ó primeiro día levaránse a cabo clases prácticas de pilotaxe con sistemas de simulación de diferentes aeronaves para a realización de maniobras básicas. Contidos: 1. Benvida e Introdución do curso 2. Contidos propios para a obtención da certificación de Piloto de RPA´s • Qué é un dron • Historia e Evolución dos drons • Marco Lexislativo • Meteoroloxía • Procedementos Operacionais Básicos • Performance 3. Coñecemento dos RPAs • Tipos e características • Software necesario 4. O mundo do dron hoxe: Oportunidades de Negocio 5. Bloque Práctico: o Prácticas con Simulador o Prácticas con equipos reais