Seminario sobre desenvolvimiento de aplicaciones ANDROID

Seminario sobre desenvolvimiento de aplicaciones ANDROID
Charla
14 May
- 14 May

A Caniza

Horario
10:00-14:00
Tema
Actividade dunha entidade colaboradora
Modalidad
Presencial
Horas totales
4
Plazas totales
20
Plazas libres
12
Inscripciones
8
Edad mín.
12
Edad máx.
80
Profesores
Eva Rodríguez Rodríguez
Observaciones
Organizado polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) da Consellería de Traballo e Benestar, o día 14 de maio, de 10:00 a 14:00 horas, terá lugar nas instalacións do centro un seminario sobre desenvolvemento de aplicacións Android. A xornada constará de dúas partes: unha primeira parte enfocada a tratar a visión técnica da arquitectura das aplicacións en Android e unha segunda focalizada na área de negocio e monetización destes desenvolvementos. O relator do seminario será Sergio Rodríguez, colaborador habitual do CNTG como formador Android. Sergio Rodríguez é director de formación de Core Networks e enxeñeiro de telecomunicacións. Foi instrutor oficial de Sun Microsystems dende 2003 e de Oracle University dende 2010, estando especializado na área de sistemas e desenvolvemento. Comezou en 2009 no eido das aplicacións Android, situando unha das súas aplicacións como a aplicación española máis descargada en España en 2011. A xornada vai dirixida preferentemente a perfís profesionais da programación interesados/as no desenvolvemento de aplicacións para telefonía móbil de última xeración. Tamén será de utilidade a deseñadores/as de solucións de comunicación móbil, desenvolvedores/as de Java interesados/as en migrar o código existente á nova plataforma e, en xeral, a profesionais TIC interesados na temática. O prazo de inscrición estará aberto dende o 15 de abril ao 13 de maio de 2013 O acceso ao seminario para aquelas persoas NON inscritas estará condicionado á existencia de prazas libres o día de celebración do evento. Desenvolvemento de aplicacións Android Introdución a Android O stack Compoñentes principais de construción Interfaz de usuario Monitorización de aplicacións Desenvolvemento de negocio Aspectos legais e fiscais Esta sesión poderá ser seguida por videoconferencia a través das aulas da rede CeMIT localizadas en A Cañiza, Betanzos, Carballiño, Celanova, Lalín, O Barco, Ortigueira, Pontevedra, Santa Comba , Sarria e Vilagarcía. Para seguir o seminario por videoconferencia cómpre darse de alta previamente como usuario da rede CeMIT e inscribirse picando nesta ligazón.