GIMP
Edición de imágenes digitales
GIMP
01
Dec
-
12
Dec
Horario
09:00-20:30
Tema
Imaxe, Audio e Vídeo
Modalidad
Presencial
Horas totales
15
Plazas totales
12
Plazas libres
9
Inscripciones
8
Nivel
Medio
Edad mín.
1
Edad máx.
99
Profesores
Axente TIC a Coruña
Observaciones
Destinatarios: adultos que saiban utilizar a nivel básico un ordenador e dispoñan preferentemente dalgún tipo de cámara dixital, ou no seu defecto, dun teléfono móbil con cámara.
Obxectivos:
Aprender a manexar o programa GIMP para deseño gráfico, retoque de imaxes e fotografía dixital. Identificar as posibilidades de retoque dunha imaxe dixital, resaltar determinados elementos nunha fotografía, inserir texto nunha fotografía cun formato axeitado, modificar as propiedades de cor dunha fotografía, imprimir e comparar unha fotografía en papel coa súa visión en pantalla, etc.
Datas: mes de decembro: o luns día 1, de 18 a 20.30 h ; os mércores 3 e 10, de 9 a 11.30 h ; os venres 5 e 12, de 18 a 20.30 h.
Total de horas do curso: 12 horas 30 minutos.
Lugar: Aula CeMIT da Biblioteca Pública da Coruña. Imparte: Elisa Valcarce García
Nº de prazas: 12. Pódese solicitar praza directamente na páxina web da Rede CeMIT ou cubrindo o formulario dispoñible na páxina web da Biblioteca Pública da Coruña.
Solicitudes ata as 12 horas do mércores 26 de novembro. No caso de que o número de peticións sexa superior a 12, farase un sorteo e procederase á asignación de prazas por orde alfabética segundo a letra de comezo do apelido.
As persoas admitidas deberán solicitar unha alta de usuario da Rede CeMIT, imprescindible para poder utilizar os ordenadores da aula na que se impartirá o curso. A alta de usuario da Rede pode solicitarse aquí ou cubrindo un impreso que se facilita na secretaría da biblioteca. Unha vez solicitada a alta, é preciso cambiar o contrasinal por defecto que van recibir no correo electrónico no apartado usuarios da web do CeMIT.