Edición de imaxes dixitais

GIMP
Curso
01 Dec
- 12 Dec

Horario
09:00-20:30
Tema
Imaxe, Audio e Vídeo
Modalidad
Presencial
Horas totais
15
Prazas totais
12
Prazas libres
9
Inscricións
8
Nivel
Medio
Idade mín.
1
Idade máx.
99
Profesores
Axente TIC a Coruña
Observacións
Destinatarios: adultos que saiban utilizar a nivel básico un ordenador e dispoñan preferentemente dalgún tipo de cámara dixital, ou no seu defecto, dun teléfono móbil con cámara. Obxectivos: Aprender a manexar o programa GIMP para deseño gráfico, retoque de imaxes e fotografía dixital. Identificar as posibilidades de retoque dunha imaxe dixital, resaltar determinados elementos nunha fotografía, inserir texto nunha fotografía cun formato axeitado, modificar as propiedades de cor dunha fotografía, imprimir e comparar unha fotografía en papel coa súa visión en pantalla, etc. Datas: mes de decembro: o luns día 1, de 18 a 20.30 h ; os mércores 3 e 10, de 9 a 11.30 h ; os venres 5 e 12, de 18 a 20.30 h. Total de horas do curso: 12 horas 30 minutos. Lugar: Aula CeMIT da Biblioteca Pública da Coruña. Imparte: Elisa Valcarce García Nº de prazas: 12. Pódese solicitar praza directamente na páxina web da Rede CeMIT ou cubrindo o formulario dispoñible na páxina web da Biblioteca Pública da Coruña. Solicitudes ata as 12 horas do mércores 26 de novembro. No caso de que o número de peticións sexa superior a 12, farase un sorteo e procederase á asignación de prazas por orde alfabética segundo a letra de comezo do apelido. As persoas admitidas deberán solicitar unha alta de usuario da Rede CeMIT, imprescindible para poder utilizar os ordenadores da aula na que se impartirá o curso. A alta de usuario da Rede pode solicitarse aquí ou cubrindo un impreso que se facilita na secretaría da biblioteca. Unha vez solicitada a alta, é preciso cambiar o contrasinal por defecto que van recibir no correo electrónico no apartado usuarios da web do CeMIT.