Rede CeMIT

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) é unha iniciativa posta en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta da Galicia, que actualmente forma parte da Estratexia Galicia Dixital 2030.

Desde 2016, a Rede CeMIT tamén formou parte do Plan de Inclusión Dixital de Galicia coma un dos proxectos clave que asentaron as bases para definir a nova estratexia de inclusión dixital da comunidade e que tivo como obxectivo situar a Galicia como unha rexión intelixente de referencia en Europa, onde o uso das tecnoloxías dixitais contribuíra a aumentar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible nas súas tres vertentes: social, económica e medio ambiental.

Actualmente a Rede CeMIT forma parte do novo Plan para o impulso da Inclusión, Capacitación e Talento Dixital en Galicia, Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, que fusiona os anteriores Plan de Inclusión Dixital 2020 e Plan DigiTalent 2020 nun único instrumento estratéxico que toma o seu relevo para enfocarse no horizonte 2030 coa misión de conseguir unha sociedade máis autónoma dixitalmente que non deixe a ninguén atrás.

A Rede conta coa colaboración de 90 concellos e está integrada por 96 aulas equipadas coa última tecnoloxía, Internet e sistemas de videoconferencia, de tal xeito que todo galego/a ten unha aula a media hora de distancia do seu fogar. 


Elementos clave:

  • Aulas CeMIT: espazos equipados coa última tecnoloxía, Internet e sistemas de videoconferencia a disposición da cidadanía para a participación en actividades formativas ou para acceso libre.
  • Axentes TIC: persoas responsables da xestión das Aulas CeMIT, da planificación e impartición de cursos e do apoio aos usuarios e usuarias no seu achegamento e avance no ámbito TIC.
  • Entidades colaboradoras: entidades que colaboran coa Rede CeMIT na obtención dos seus obxectivos, ben sexa a través da realización de actividades puntuais nos espazos da Rede ou ben de maneira continuada como Aliados Dixitais.
  • Usuarios e usuarias: persoas que empregan os recursos da Rede CeMIT para iniciarse no ámbito das TIC e avanzar cara acadar a súa madurez dixital