Competencias dixitais

Certificación galega en competencias dixitais. Qué é?

A certificación galega en competencias dixitais acredita o nivel de competencia das persoas na utilización das tecnoloxías no eido persoal, social e profesional de forma efectiva, segura, crítica, creativa e cívica.

O día 01 de xaneiro de 2022 entrou en vigor o DECRETO 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais (DOG nº 181 do 20 de setembro de 2021).

A certificación galega en competencias dixitais terá un período de validez máximo de cinco anos desde a data da súa obtención e, ao estar vinculada ao Marco galego de competencias dixitais, poderá perder a súa validez anticipadamente no caso de que o Marco sexa modificado.

No referente ás certificacións CODIX, este novo Decreto 123/2021 establece o seguinte: No prazo máximo dun ano desde a entrada en vigor deste decreto ditarase a orde pola cal se aprobarán os criterios de homologación da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX), regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro.

Así mesmo se establece que: Os modelos de tipo de certificación por nivel de aptitude estarán recollidos no documento «Bases para o desenvolvemento do Marco galego de competencias dixitais»

Actualmente esta documentación está en proceso de elaboración. En próximas datas, ampliarase esta información.

Para máis información visite a web de Competencias Dixitais.

Cómo podo certificarme e obter o COMDIX? fai clic aquí (aínda non é posible obter a certificación)