Política de privacidade e protección de datos persoais

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta o tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos (RXPD) así como a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), informámoslle a continuación dos seguintes aspectos:

1. - Quen é o responsable do tratamento e o encargado do tratamento

O responsable do tratamento é a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) con domicilio en Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), e con portal web https://amtega.xunta.gal

2. - Quen é o/a delegado/a de protección de datos

Pode contactar cos Delegados e Delegadas de protección de datos na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos persoais.

3.- Categorías de datos obxecto do tratamento

Para facilitar as distintas funcionalidades do Portal, trátanse datos identificativos facilitados polas persoas usuarias. En concreto, trátanse os seguintes datos:

- Datos identificativos e de contacto: nome e apelidos; DNI/NIE; dirección postal; teléfono e correo electrónico.

- Características persoas: sexo, data de nacemento e idade. Más información en https://www.xunta.gal/rexistro-de-actividades

4.- Orixe dos datos

Os datos son facilitados polas propias persoas usuarias do Portal.

5.- Finalidades do tratamento e funcionalidades do Portal

Xestión das solicitudes de alta, modificación ou baixa das persoas usuarias dos recursos formativos e de xestión. No seu caso, xestionar os cursos e actividades organizados a través da rede CeMIT, incluíndo tarefas como a adaptación do posto, titorización, emisión de certificados acreditativos de aproveitamento e valoración das actividades.

6. Lexitimación para o tratamento de datos persoais

O cumprimento dunha misión realizada en interese público segundo a Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e o Decreto 9/2021, do 21 de xaneiro, polo que se suprime o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) e se modifica o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos. Para o envío de comunicacións informativas, consentimento outorgado pola persoa interesada.

7. - Prazo de conservación dos datos

Os datos conservaranse ata que se cumpra coa finalidade disposta para funcionalidade deste Portal, mentres sexa necesario para a determinación das responsabilidades que se puidesen derivar deste ou mentres non se exerciten os dereitos garantidos e en todo caso, durante os prazos establecidos pola lexislación vixente en materia de arquivos e documentos (Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia).

8. - Cesión ou comunicacións dos datos

Outros órganos da Administración xeral e do sector público autonómico, e entidades locais con competencia na materia. No seu caso, organismos financiadores ou cofinanciadores das accións formativas organizadas. Entidades colaboradoras na prestación de servizos para a emisión de certificados de asistencia, aproveitamento e acreditación das accións formativas.

9. - Dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais

O responsable do tratamento facilitará o exercicio dos dereitos garantidos en materia de protección de datos persoais. Estes dereitos son, entre outros:

  • Dereito de acceso: dereito a obter confirmación sobre se se están tratando os datos e información, no seu caso, sobre o devandito tratamento.
  • Dereito de rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos cando sexan inexactos.
  • Dereito de supresión ou esquecemento: dereito a obter a supresión dos datos nos termos previstos na normativa vixente.
  • Dereito de oposición: dereito a opoñerse, en calquera momento, a que os datos persoais sexan obxecto de tratamento.
  • Dereito á limitación do tratamento: dereito a que o responsable limite o tratamento dos datos da persoa interesada nos supostos recolleitos na normativa vixente.
  • Dereito a retirar o consentimento: cando o tratamento dos datos estea baseado no consentimento das persoas interesadas, estas poderán retirar o consentimento outorgado en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.

As canles a través das cales se pode solicitar o exercicio dos dereitos son:

  • En liña: na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do procedemento denominado PR004A.
  • Presencial: presentando a súa solicitude firmada e por escrito en calquera das Oficinas de atención á cidadanía e de rexistro propias da Xunta de Galicia ou en calquera outra oficina ou rexistro dos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común para a presentación de documentos que as persoas interesadas dirixan ás Administracións públicas.

No caso de persoas usuarias menores que teñan cumpridos 14 anos ou máis, poderán exercitar estes dereitos por si mesmas.

10. - Máis información

Pode ampliar esta información na seguinte ligazón.

11. - Modificación da Política de privacidade

A Consellería resérvase o dereito de modificar en calquera momento a súa política de privacidade respectando a lexislación vixente en materia de protección de datos. Recomendámosche que revise a política de privacidade con certa periodicidade.