Proxectos e iniciativas

Desde a Rede CeMIT desenvólvense e apóianse diversos proxectos e iniciativas sempre co obxectivo de achegar as TIC á cidadanía e axudala a conseguir a súa madurez dixital, impulsando, potenciando e difundindo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da sociedade galega.


  • FEGAUS: Seminarios en liña sobre o uso das novas tecnoloxías para persoas maiores
  • Girl STEAM: dirixido a nenas de entre 8 e 15 anos para motivar vocacións tecnolóxicas temperás
  • Campamento Tecnolóxico Mática: Iniciativa que pretende crear unha comunidade de mozas pertencentes a distintas localidades con intereses TIC, como creadoras e futuras desenvolvedoras de tecnoloxía.