
Seminarios en liña sobre o uso das novas tecnoloxías para persoas maiores (2021)
O aliado dixital Fegaus (Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors) organiza un programa formativo que conta con máis de 20 seminarios online co obxectivo de empoderar ás persoas maiores a través do uso das novas tecnoloxías na súa vida cotiá favorecendo así un envellecemento máis activo e a mellora na calidade de vida.
Os ciclos que se impartirán gratuitamente durante os meses de febreiro a maio versarán sobre as seguintes temáticas:
- Relaciona TIC: Algunha vez te buscaches en Internet? Sabes o que Google sabe de ti?, Ferramentas de ditado: mensaxes de voz, WhatsApp, Aprende a detectar de forma sinxela virus en mails e páxinas web, Espreme o teu móbil, etc.
- Soidade: Dereito preventivo: evitar o desamparo en situacións de vulnerabilidade, O Síndrome da fraxilidade como factor da soidade, A soidade a vista de cine, etc.
- Formación ao longo da vida: Consellos para buscar mellor en Internet, encontra a información que precisas, Uso saudable de dispositivos electrónicos, Mercar sen diñeiro: paga co teu móbil de forma segura, etc.
Coa colaboración da Rede CeMIT, retransmitiranse estas actividades por videoconferencia a través das aulas repartidas por todo o territorio galego ou directamente desde os fogares sen necesidade de desprazamentos.
Adicionalmente, está dispoñible o servizo de Videoteca para visualizar os seminarios xa retransmitidos para poder complementar a formación a través da realización independente e autónoma dos cursos de maior interese.
Para máis información, consultar a Web de Fegaus en Canal Sénior.
Data de inicio: | 01/02/2021 |
Data de fin: | 31/05/2021 |
Eixo: | Maiores |
Temática | Capacitación dixital |