
Obradoiros Steam para rapazada de 8 a 15 anos - Verán 2022
Programa de obradoiros para o verán 2022 impulsado pola Amtega e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) dirixido a rapazada de entre 8 e 15 anos que procura motivar e favorecer o uso creativo da tecnoloxía así como igualitario entre rapazas e rapaces, derrumbando estereotipos.
As xornadas desenvolveranse entre os meses de xullo, agosto e setembro a través de actividades de carácter práctico e presencial en 16 concellos de toda Galicia.
Durante o transcurso dos obradoiros de Girl Steam o alumnado participante tomará contacto coa tecnoloxía de forma inspiradora e creativa, con actividades como a creación de circuítos en papel, programación de videoxogos propios con scratch (unha linguaxe de programación creada polo MIT para persoas que se inician neste ámbito) ou a creación de “cómics” interactivos con makey makey (un kit de creación interactivo para experimentar, investigar e ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch).
En cada concello faranse dúas quendas por idades, unha para a rapazada de 8-11 anos e outra para idades comprendidas entre os 12-15 anos. A capacidade máxima por quenda será de 15 persoas e terán lugar en horarios tanto de mañá como de tarde nas seguintes aulas CeMIT:
- 4 de Xullo: Cuntis - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 5 e Xullo: Cuntis - Obradoiro Steam para rapazada (12-15 anos)
- 6 de Xullo: Tomiño - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 7 de Xullo: Tomiño - Obradoiro Steam para rapazada (12-15 anos)
- 8 de Xullo: Celanova - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 26 de Xullo: Santiago de Compostela Gaiás Tech - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 27 de Xullo: Santiago de Compostela Gaiás Tech - Obradoiro Steam para rapazada (12-15 anos)
- 28 de Xullo: Carballedo - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 3 de agosto: Fisterra - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 4 de agosto: Fisterra - Obradoiro Steam para rapazada (12-15 anos)
- 5 de agosto: Celanova - Obradoiro Steam para rapazada (12-15 anos)
- 9 de agosto: Guitiriz - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 10 de agosto: Riotorto - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 11 de agosto: Guitiriz - Obradoiro Steam para rapazada (12-15 anos)
- 16 de agosto: Castrelo de Miño - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 16 de agosto: Leiro - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 17 de agosto: Castrelo de Miño - Obradoiro Steam para rapazada (12-15 anos)
- 17 de agosto: Leiro - Obradoiro Steam para rapazada (12-15 anos)
- 18 de agosto: A Cañiza - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 19 de agosto: A Cañiza - Obradoiro Steam para rapazada (12 a 15 anos)
- 22 de agosto: Santa Comba - Obradoiro Steam para rapazada (12 a 15 anos)
- 23 de agosto: Ribadeo - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 23 de agosto: Ribadeo - Obradoiro Steam para rapazada (12-15 anos)
- 25 de agosto: Ortigueira - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 26 de agosto: Ortigueira - Obradoiro Steam para rapazada (12-15 anos)
- 29 de agosto: Santa Comba - Obradoiro Steam para rapazada (12-15 anos)
- 30 de agosto: Betanzos - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 31 de agosto: Betanzos - Obradoiro Steam para rapazada (12-15 anos)
- 1 de setembro: Arzúa - Obradoiro Steam para rapazada (8-11 anos)
- 2 de setembro: Arzúa - Obradoiro Steam para rapazada (12-15 anos)