
INICIATIVA GIRL STEAM (2021)
Programa realizado en colaboración entre a Amtega e a Asociación de Empresas Gallegas de Software Libre (Agasol) dirixido a mozas e mozos de entre 8 e 15 anos que ten como obxectivo promover a creación de referentes, visibilizar roles e motivar vocacións tecnolóxicas temperás dirixidas ás nenas.
Preténdese con isto espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM a través de obradoiros formativos prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar as vocacións tecnocientíficas.
As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto. Para máis información preme AQUI
INSCRIPCIÓNS:
- A Estrada 06 de agosto: Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos
- A Estrada 06 de agosto: Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos
- Abegondo 19 de agosto: Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos
- Abegondo 20 de agosto: Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos
- Guitiriz 19 de xullo: Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos
- Pontedeume 29 xullo: Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos
- Pontedeume 29 xullo: Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos
- Pontevedra 04 Agosto: Girl STEAM para rapazada de 8 a 11 anos
- Pontevedra 04 Agosto: Girl STEAM para rapazada de 12 a 15 anos