
Campamento Tecnolóxico MÁTICA (2021)
Iniciativa enmarcada no Convenio de colaboración entre a Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) que ten como obxectivo crear unha comunidade de rapazada entre os 12 e os 18 anos de distintas localidades e promover a vocación tecnolóxica fundamentalmente entre as rapazas.
A través deste campamento obterán ferramentas e contidos que lles permitan ver as tecnoloxías e as súas aplicacións na sociedade, así como coñecer a experiencia vital e a visión profesional de mulleres dos sector TIC de distintos ámbitos que sirvan de exemplo e guía para definir a súa futura carreira profesional.
As primeiras sesións deste campamento desenvolvéronse durante o pasado mes de xuño pero está prevista a súa continuidade con novas edicións ata o 31 de outubro.
As actividades poderán desenvolverse de xeito presencial nas seguintes sedes e tamén online na seguinte ligazón www.matica.gal:
- Campus de A Coruña - Facultade de Informática.
- Campus de Ourense - Escola Superior de Enxeñaría Informática
- Campus de Santiago de Compostela - Escola Técnica Superior de Enxeñaría