
Obradoiro creativo sobre equipamento disruptivo para a inclusión e capacitación dixital da cidadanía - Verán 2023
A Amtega e o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) poñen en marcha o Obradoiro creativo sobre equipamento disruptivo para a inclusión e capacitación dixital da cidadanía, co obxectivo de formar á cidadanía no emprego de equipamento innovador co que se ten dotado á Rede CeMIT (impresión 3D, lentes de realidade virtual, drons ou kits de programación e comunicación como Arduino e Raspberry PI).
Entre os meses de xullo e outubro celebraranse obradoiros formativos presenciais de 4 horas de duración en 18 concellos galegos. Estas sesións teñen carácter demostrativo-experimental, nas que se exporán varias aplicacións e usos dos diferentes materiais tecnolóxicos. As persoas interesadas en participar non precisan contar con coñecemento previo aínda que si con competencias dixitais básicas no uso das TIC.
Os lugares e datas de celebración dos Obradoiros son os seguintes: