Enredando Tour – programa formativo itinerante en competencias dixitais – Verán 2023

Enredando Tour.
13Xul
- 30Set

Enredando Tour – programa formativo itinerante en competencias dixitais – Verán 2023

Amtega e Cruz Vermella

A Amtega e Cruz Vermella desenvolven o programa Enredando Tour dirixido principalmente a persoas maiores de 55 anos e a través do cal se realizarán obradoiros lúdicos itinerantes de capacitación tecnolóxica, nos que se tratarán conceptos básicos do emprego das tecnoloxías, co obxectivo de derrubar os temores e inseguridades da cidadanía ao respecto. As persoas participantes poderán manexar diferentes dispositivos tecnolóxicos e poderán acceder a catro menús formativos, de modo que poidan formarse no que máis lles interese. 

O “Enredando Tour” percorrerá un total de 20 localidades entre os meses de xullo e setembro en horario de 10:00 a 14:00, iniciando a súa ruta na provincia de A Coruña (Toques, Cabanas, Mesía e Arteixo) e Pontevedra (A Lama, Mos, Cercedo-Cotobade e Oia). 

O percorrido das actividades chega tamén ás provincias de Lugo e Ourense. Na provincia de Lugo contou coas seguintes paradas: Triacastela, Alfoz, Cospeito, O Corgo, Palas de Rei e Ourol. Na provincia de Ourense as paradas serán as seguintes: Ribadavia (20 de setembro), Rairiz de Veiga (22 de setembro), A Gudiña (26 de setembro), Pontedeva (21 de setembro), Castrelo do Val (25 de setembro) e A Mezquita (27 de setembro). 


As persoas interesadas en participar poden chamar ao teléfono gratuíto 900 825 030 ou escribir un correo electrónico a galicia@cruzroja.es.

Máis información na web de Enredando e neste vídeo.