Retoque Fotográfico Lightroom

Retoque Fotográfico Lightroom
Curso
19 Aug
- 05 Sep

A Caniza

Horario
10:30-23:00
Tema
Imaxe, Audio e Vídeo
Modalidad
Presencial
Inscripción
11/08/2016 14:00:00
Horas totales
30
Plazas totales
22
Plazas libres
1
Inscripciones
25
Nivel
Básico
Edad mín.
12
Edad máx.
60
Profesores
Eva Rodríguez Rodríguez
Observaciones
IMPORTANTE: Os asistentes aportarán: - Cada asistente deberá aportar o seu ordenador portátil Descrición: A creación de imaxes reveladoras, impactantes e capaces de emocionarnos constrúense hoxe en día tanto na cámara como no laboratorio fotográfico do noso ordenador. Tanto é así que hoxe en día, tan ampla é a capacidade creativa que se pode despregar no momento da toma fotográfica como no momento do revelado e retoque de esa imaxe. Igual que a fotografía analóxica continua no cuarto escuro, a sala de revelado da fotografía dixital está no noso ordenador. E entre todos os programas que hoxe en día están a nosa disposición para facelo de forma máis eficaz e áxil. Adobe Lightroom é unha das ferramentas que satisfará a meirande parte das necesidades de retoque e edición fotográfica tanto do fotógrafo recén iniciado como do afeccionado avanzado. Lightroom é un dos programas máis completos e un dos máis populares entre fotógrafos profesionais e amateurs. Polo seu intuitivo funcionamento, a súa velocidade e grandes posibilidades e calidade a hora da edición e retoque de fotografías. Dito isto, en 20h propóñote aprender a utilizar Adobe Lightroom. Practicar con exemplos e proporte exercicios para de forma personalizada e dinámica conseguir manexar os elementos esenciais do programa de Adobe con fluidez. No curso de retoque fotográfico te plantexo controlar o “fluxo de traballo”, dende a importación das fotografías ao ordenador, o seu etiquetado, revelado dixital, xeoreferenciado, edición, retoque, organización e búsqueda como despois a exportación para impresión, firma ou para compartir en redes sociais, servicios web, mailing, etcétera. Propóñote: - Editar e retocar fotografías sendo capaz de mellorar as nosas imaxes facéndoas máis atractivas e emocionantes. - Dominar a dinámica do fluxo de traballo en fotografía, dende a cámara até internet ou a impresión final. - Crear un espacio e un grupo de traballo máis alá da formación que permita as alumnas motivarse e continuar aprendendo xunto con outras persoas que como elas teñas a fotografía e o seu retoque como paixón. Metodoloxía: A metodoloxía de aprendizaxe é principalmente práctica. A idea esencial é adquirir coñecementos e familiarizarse co material, linguaxe e “ollo” fotográfico ao mesmo tempo que se poñen en práctica, que se ven e critican as fotos do resto da xente, e os demais critican as nosas. Haberá tamén unha parte teórica ao principio de cada sesión, duns 15 a 30 minutos nas que se darán nocións básicas, consellos e trucos, pero sobre todo na que traballaremos a motivación e a transmisión de emocións vinculadas ao mundo da fotografía. A metodoloxía de aprendizaxe en O OBRADOIRO ten varios principios esenciais: - Traballo en grupo. - Autoaprendizaxe. - Dinámicas grupáis. - Participación. - Traballo fora das sesións. On-line e retos asignados para facer ti mesmo/a. Elementos transversais dentro da formación: - Respeto mutuo. - Criticar e aceptar a crítica como elemento que nos axuda a progresar. - Socialización e relacións interpersoais. - Cohesión grupal. - Motivación para a participación. FERRAMENTAS PEDAGÓXICAS: - Papelógrafo para as dinámicas grupais e as partes máis teóricas. - Proxector para a visualización de exemplos e a exposición de traballos das participantes. Contidos: MÓDULO 1 Conceptos e dinámica de traballo  Reflexión sobre a fotografía e o retoque fotográfico.  Entender Adobe Lightroom  Tipos de arquivo: JPG-TIFF-PNG-RAW  Fluxo de traballo: Importación, edición e retoque, organización, exportación. MÓDULO 2 Mellora fotográfica:  Cor, tono, intensidade e temperatura.  Exposición e contraste.  Distorsións, correccións de viñeteo e barrileo.  Xiros e recortes. MÓDULO 3 Retoque fotográfico parcial:  Ferramentas en Lightroom  Máscaras de selección.  Viñeteo e degradados.  Ferramentas ampliadas con Adobe Photoshop MÓDULO 4 Organizar o meu arquivo fotográfico:  Filtros.  Etiquetas.  Búsquedas.  Organización no meu ordenador.  Copias de seguridade. MÓDULO 5 Fluxo de saída: Compartir as miñas fotografías.  Posibilidades para compartir fotografías.  Redes de fotografías e mailing.  Decidir resolución, tamaño e formato de saída.  Retoques grupais.  Firma e marca de auga.  Crear galerías on-line e outras ferramentas do programa. MÓDULO 6 Proxecto persoal ou grupal final Recursos necesarios da sala:  Proxector.  Conexión a internet.  Pizarra. Aportado polo docente:  Ordenador portátil.  Elementos para a fotografía e dinámicas grupais.  Material didáctico.  Software necesario.