Retoque Fotográfico Lightroom
Este microcurso de 15 horas ten como obxectivo dotar aos participantes dos coñecementos e prácticas necesarios para a manipulación de imaxes dixitais, obtidas por medio de escáneres ou cámaras dixitais, a través do correcto manexo de todas as posibilidades que ofrece a aplicación informática de software libre Gimp no tratamento de imaxes.
Retoque Fotográfico Lightroom
19
Aug
-
05
Sep
A Caniza
Horario
10:30-23:00
Tema
Imaxe, Audio e Vídeo
Modalidad
Presencial
Inscrición
11/08/2016 14:00:00
Horas totais
30
Prazas totais
22
Prazas libres
1
Inscricións
25
Nivel
Básico
Idade mín.
12
Idade máx.
60
Profesores
Eva Rodríguez Rodríguez
Observacións
IMPORTANTE: Os asistentes aportarán: - Cada asistente deberá aportar o seu ordenador portátil
Descrición:
A creación de imaxes reveladoras, impactantes e capaces de emocionarnos constrúense hoxe en día tanto
na cámara como no laboratorio fotográfico do noso ordenador. Tanto é así que hoxe en día, tan ampla é a
capacidade creativa que se pode despregar no momento da toma fotográfica como no momento do revelado
e retoque de esa imaxe.
Igual que a fotografía analóxica continua no cuarto escuro, a sala de revelado da fotografía dixital está no
noso ordenador. E entre todos os programas que hoxe en día están a nosa disposición para facelo de forma
máis eficaz e áxil. Adobe Lightroom é unha das ferramentas que satisfará a meirande parte das necesidades
de retoque e edición fotográfica tanto do fotógrafo recén iniciado como do afeccionado avanzado.
Lightroom é un dos programas máis completos e un dos máis populares entre fotógrafos profesionais e
amateurs. Polo seu intuitivo funcionamento, a súa velocidade e grandes posibilidades e calidade a hora da
edición e retoque de fotografías.
Dito isto, en 20h propóñote aprender a utilizar Adobe Lightroom. Practicar con exemplos e proporte
exercicios para de forma personalizada e dinámica conseguir manexar os elementos esenciais do
programa de Adobe con fluidez.
No curso de retoque fotográfico te plantexo controlar o “fluxo de traballo”, dende a importación das
fotografías ao ordenador, o seu etiquetado, revelado dixital, xeoreferenciado, edición, retoque, organización
e búsqueda como despois a exportación para impresión, firma ou para compartir en redes sociais, servicios
web, mailing, etcétera.
Propóñote:
- Editar e retocar fotografías sendo capaz de mellorar as nosas imaxes facéndoas máis atractivas e
emocionantes.
- Dominar a dinámica do fluxo de traballo en fotografía, dende a cámara até internet ou a impresión final.
- Crear un espacio e un grupo de traballo máis alá da formación que permita as alumnas motivarse e
continuar aprendendo xunto con outras persoas que como elas teñas a fotografía e o seu retoque como
paixón.
Metodoloxía:
A metodoloxía de aprendizaxe é principalmente práctica. A idea esencial é adquirir coñecementos e
familiarizarse co material, linguaxe e “ollo” fotográfico ao mesmo tempo que se poñen en práctica, que se
ven e critican as fotos do resto da xente, e os demais critican as nosas. Haberá tamén unha parte teórica ao
principio de cada sesión, duns 15 a 30 minutos nas que se darán nocións básicas, consellos e trucos, pero
sobre todo na que traballaremos a motivación e a transmisión de emocións vinculadas ao mundo da
fotografía.
A metodoloxía de aprendizaxe en O OBRADOIRO ten varios principios esenciais:
- Traballo en grupo.
- Autoaprendizaxe.
- Dinámicas grupáis.
- Participación.
- Traballo fora das sesións. On-line e retos asignados para facer ti mesmo/a.
Elementos transversais dentro da formación:
- Respeto mutuo.
- Criticar e aceptar a crítica como elemento que nos axuda a progresar.
- Socialización e relacións interpersoais.
- Cohesión grupal.
- Motivación para a participación.
FERRAMENTAS PEDAGÓXICAS:
- Papelógrafo para as dinámicas grupais e as partes máis teóricas.
- Proxector para a visualización de exemplos e a exposición de traballos das participantes.
Contidos:
MÓDULO 1
Conceptos e dinámica de traballo
Reflexión sobre a fotografía e o retoque fotográfico.
Entender Adobe Lightroom
Tipos de arquivo: JPG-TIFF-PNG-RAW
Fluxo de traballo: Importación, edición e retoque, organización, exportación.
MÓDULO 2
Mellora fotográfica:
Cor, tono, intensidade e temperatura.
Exposición e contraste.
Distorsións, correccións de viñeteo e barrileo.
Xiros e recortes.
MÓDULO 3
Retoque fotográfico parcial:
Ferramentas en Lightroom
Máscaras de selección.
Viñeteo e degradados.
Ferramentas ampliadas con Adobe Photoshop
MÓDULO 4
Organizar o meu arquivo fotográfico:
Filtros.
Etiquetas.
Búsquedas.
Organización no meu ordenador.
Copias de seguridade.
MÓDULO 5
Fluxo de saída: Compartir as miñas fotografías.
Posibilidades para compartir fotografías.
Redes de fotografías e mailing.
Decidir resolución, tamaño e formato de saída.
Retoques grupais.
Firma e marca de auga.
Crear galerías on-line e outras ferramentas do programa.
MÓDULO 6
Proxecto persoal ou grupal final
Recursos necesarios da sala:
Proxector.
Conexión a internet.
Pizarra.
Aportado polo docente:
Ordenador portátil.
Elementos para a fotografía e dinámicas grupais.
Material didáctico.
Software necesario.