Obradoiro Dixital - Introducción a la Robótica con Arduino y RaspBerry Pi

Obradoiro Dixital - Introducción a la Robótica con Arduino y RaspBerry Pi
Curso
08 Aug
- 12 Aug

Poio

Horario
19:00-20:30
Tema
Dispositivos móbiles
Modalidad
Presencial
Inscripción
05/08/2016 00:00:00
Horas totales
7.5
Plazas totales
9
Plazas libres
9
Inscripciones
1
Nivel
Medio
Edad mín.
16
Edad máx.
99
Profesores
Oscar Freire Ríal
Observaciones
Arduíno e unha plataforma de software e hardware libres, que permiten crear pequenos dispositivos robóticos pola nosa conta. Arduino baséase nunha serie de microprocesadores e de placas oficiais de baixo custe. O ser unha plataforma libre tamén existen placas compatibles non oficiais doutros fabricantes para Arduino, que se deseñan respectando as especificacións establecidas por esta. O concepto que emprega Arduino e do tipo “faino ti mesmo - Do It Yourself (DIY)”, polo que alguén que desexe crear o seu robot precisará dispor de coñecementos básicos de informática e electrónica, ademais de conseguir as pezas e o código para facelo funcionar pola súa conta. Pola súa banda, RasBerry Pi e un proxecto de microordenador construído sobre unha placa con todas as conexións e compoñentes necesarios para o seu uso, dispoñendo ademais de conectores que permiten controlar diferentes dispositivos. No obradoiro contaremos coa colaboración do grupo PonteLabs de tecnoloxías abertas de Pontevedra, que colaborará aportando material e no desenvolvemento dalgúns proxectos básicos. O usuario o finalizar este curso coñecerá os conceptos e a filosofía da plataforma libre Arduino e da RaspBerry Pi, e mediante a realización de varios proxectos prácticos amosaranse as posibilidades destas plataformas. Requírese coñecementos básicos de ordenador.