Obradoiro Dixital - Introdución a Robótica con Arduino e RaspBerry Pi
Obradoiro Dixital - Introdución a Robótica con Arduino e RaspBerry Pi
08
Aug
-
12
Aug
Poio
Horario
19:00-20:30
Tema
Dispositivos móbiles
Modalidad
Presencial
Inscrición
05/08/2016 00:00:00
Horas totais
7.5
Prazas totais
9
Prazas libres
9
Inscricións
1
Nivel
Medio
Idade mín.
16
Idade máx.
99
Profesores
Oscar Freire Ríal
Observacións
Arduíno e unha plataforma de software e hardware libres, que permiten crear pequenos dispositivos robóticos pola nosa conta.
Arduino baséase nunha serie de microprocesadores e de placas oficiais de baixo custe. O ser unha plataforma libre tamén existen placas compatibles non oficiais doutros fabricantes para Arduino, que se deseñan respectando as especificacións establecidas por esta.
O concepto que emprega Arduino e do tipo “faino ti mesmo - Do It Yourself (DIY)”, polo que alguén que desexe crear o seu robot precisará dispor de coñecementos básicos de informática e electrónica, ademais de conseguir as pezas e o código para facelo funcionar pola súa conta.
Pola súa banda, RasBerry Pi e un proxecto de microordenador construído sobre unha placa con todas as conexións e compoñentes necesarios para o seu uso, dispoñendo ademais de conectores que permiten controlar diferentes dispositivos.
No obradoiro contaremos coa colaboración do grupo PonteLabs de tecnoloxías abertas de Pontevedra, que colaborará aportando material e no desenvolvemento dalgúns proxectos básicos.
O usuario o finalizar este curso coñecerá os conceptos e a filosofía da plataforma libre Arduino e da RaspBerry Pi, e mediante a realización de varios proxectos prácticos amosaranse as posibilidades destas plataformas.
Requírese coñecementos básicos de ordenador.