Codix

CODIX. Que é?

A certificación galega de competencias dixitais en ofimática é o documento que acredita posuír a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións que as persoas precisan para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación.

Segundo o Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG nº 229 do 30/11/2011) polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, existen varios xeitos de obter a certificación, unha delas é mediante a superación dunha proba convocada pola AMTEGA.

Se queres saber máis sobre o CODIX preme AQUI.

 

Convocatorias en vigor

 

Curso de teleformación titorizado de preparación para exame presencial - edición 2/2021

 

 

Planning convocatorias para o ano 2021

Data da convocatoria

Modalidade

nº prazas

data exame

todo o ano

 Autoformación na plataforma de teleformación EMA (https://cemit.xunta.gal/ema)

sen límite

--

28 de xaneiro

 Teleformación titorizada con exame final  (12 semanas)

180

Maio

2ª quincena marzo

 Exames presenciais libres - Autoformación -convocatoria en aulas CeMIT

350

Maio

2ª quincena maio

 Teleformación titorizada con exame final (12 semanas)

180

Novembro

1ª quincena setembro

 Exames presenciais libres - Autoformación - convocatoria en aulas CeMIT

350

Outubro

 

Histórico de convocatorias CODIX na rede CeMIT