RESULTADO do sorteo público das letras para establecer a orde de prelación - Exames presenciais CODIX 2/2021

codix
4Out

RESULTADO do sorteo público das letras para establecer a orde de prelación - Exames presenciais CODIX 2/2021

En cumprimento do establecido na base Quinta.- Criterios de selección da Resolución do 14 de setembro de 2021 (DOG nº 184 de 23 de setembro) pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galegas de competencias dixitais en ofimática, e unha vez realizado o sorteo público para a extración das letras que determinarán a orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles na dita actividade, COMUNÍCASE o resultado de dito sorteo:

  • PRIMEIRO APELIDO que comece polas letras:  J A

Unha vez aplicado o resultado do sorteo, as listaxes provisionais de persoas admitidas e en lista de agarda serán publicadas na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal) este martes 05 de outubro

A Oficina CeMIT enviará ao correo electrónico persoal das persoas admitidas provisionalmente as instrucións do pagamento (ou de xustificación da exención) necesario para realizar a súa matricula, así como o prazo para a realización da mesma.

Unha vez rematado o primeiro prazo para que as persoas admitidas aboen os dereitos de exame (mércores, 13 de outubro), e no caso de existiren prazas libres, chamarase da lista de espera ata cubrir todas as vacantes por localidades. 

As persoas que resulten seleccionadas poderán comunicar a súa renuncia a participar no desenvolvemento da actividade. A devandita renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es para evitar posibles penalizacións futuras.