En Sada a cidadanía poderá formarse estes meses en eAdministración, facturas electrónicas e ofimática

Cartel da iniciativa.
16Set

En Sada a cidadanía poderá formarse estes meses en eAdministración, facturas electrónicas e ofimática

Concello de Sada presentou o seu programa formativo-tecnolóxico para estes meses de setembro e outubro, unha axenda de aprendizaxe dixital que inclúe media ducia de cursos abeirados á iniciativa A volta coas TIC. Desenvolverase na aula CeMIT de Sada, de xeito presencial.

Os cursos en cuestión son os que citamos a continuación:

  • Curso de iniciación ao procesador de textos Writer.
    • Persoas destinatarias: Para público en xeral.
    • Obxectivos: aprender como crear documentos, similar ou Microsoft Word.
    • Data e horario: 15:30 – 17:30 de 22/09/2021 a 6/10/2021 (mércores e xoves).
  • Curso avanzado ao procesador de textos LibreOffice Writer.
    • Persoas destinatarias: Para público en xeral.
    • Obxectivos: Aprender como sacar proveito das ferramentas que nos permitirán dar un toque especial aos nosos documentos ou ser moito máis produtivos.
    • Data e horario: 9:00 – 11:30 de 20/09/2021 a 11/10/2021 (luns, martes e venres).
  • Curso de iniciación á folla de calculo Calc.
    • Persoas destinatarias: Para público en xeral.
    • Obxectivos: Aprender a crear follas de cálculo, similar a Microsoft Excel.
    • Data e horario: 18:00 – 20:00 de 22/09/2021 a 6/10/2021 (mércores e xoves).
  • Curso avanzado á folla de calculo Calc.
    • Persoas destinatarias: Para público en xeral.
    • Obxectivos: aprenderemos como tirar o máximo proveito da ferramenta de ofimática Calc facendo uso das funcións intermedio e avanzada que LibreOffice Calc pon en xogo.
    • Data e horario: 09:00 – 11:30 de 15 /10/2021 a 8 /11/2021 (luns, martes e venres).
  • Curso de Administración Electrónica: eAdministración.
    • Persoas destinatarias: Para público en xeral.
    • Obxectivos: Este curso presta especial atención ao certificado dixital, a sinatura electrónica e o DNI electrónico, especificando os seus usos, requisitos, etc. Abordaranse as posibilidades que ofrece a Administración Electrónica e o acceso práctico aos servizos públicos electrónicos: sedes electrónicas, canles de información, publicacións oficiais, etc.
    • Data e horario da primeira edición: 12:00 – 14:00 de 20/09/2021 a 28/09/2021 (luns, martes e venres). Data e horario da segunda edición: 12:00 – 14:00 de 15 /10/2021 a 25 /10/2021 (luns, martes e venres).
  • Curso de Factura Electrónica: Factura-e e FACe.
    • Persoas destinatarias: Para público en xeral.
    • Obxectivos: Este curso presta especial atención ao proceso de elaboración e presentación da factura electrónica a través do programa Factura-e e no punto xeral de entrada de facturas electrónicas FACe.
    • Primeira edición: 12:00 – 14:00 de 1/10 /2021 a 11/10/2021 luns, martes e venres. Segunda edición: 12:00 – 14:00 de 26/10 /2021 a 8/11/2021 luns, martes e venres.