Convocatorias

Convocatorias probas de certificación COMDIX - 2026


Quere que lle avisemos cando se inicie o prazo de inscrición nas convocatorias para obter a certificación ComDix?

Suscríbase a "ComDix Avisa" e recibirá unha mensaxe automática no seu correo electrónico o día que se inicie o prazo de cada convocatoria para recordarlle que xa pode matricularse


CARACTERÍSTICAS das PROBAS de CERTIFICACIÓN

Probas libres presenciais convocadas no Diario Oficial de Galicia

As probas realizaranse naquelas localidades con aulas CeMIT dispoñibles e que así o soliciten

As persoas interesadas poderán preincribirse naquela localidade que máis lle interese, coñecendo na convocatoria o detalle do lugar, o día, a hora e o número de prazas dispoñibles na mesma

Na convocatoria estableceranse os procedementos de acceso: pre-inscrición (prazos), selección por sorteo, adxudicación provisional, reservas e matriculación

É necesario ter un mínimo de 16 anos e ser usuario/a da rede CeMIT


 


Preguntas frecuentes (FAQs)

 

· Como vai a ser a proba de certificación para obter o ComDix?

A proba consiste nun cuestionario composto por entre 60 e 70 preguntas de diferente complexidade que inclúe a avaliación das 21 competencias establecidas na estrutura do Marco galego de Competencias dixitais, e cun tempo de realización de 90 minutos.

En pantalla amósase en todo momento o tempo que resta para a finalización da proba.

A tipoloxía de preguntas é variada: resposta simple, múltiple, arrastrar e soltar, relacionar... e as preguntas que se contesten de forma errónea non restan puntos.

Para que unha proba sexa considerada apta será preciso superar o 70% das preguntas totais e o 60% das preguntas referentes a cada unha das cinco áreas.

Pode ollar unha demo da proba no seguinte enlace: https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl/demo/

· Se suspendo a proba podo volver a presentarme?

En caso de non superar a proba pode presentarse as veces que sexa necesario en futuras convocatorias, que se irán convocando de forma periódica.

Soamente se penaliza a inscrición en futuras convocatorias a aquelas persoas convocadas que non se presenten sen causa xustificada o día do exame.

· Onde vexo a localización das aulas que programan as probas?

Pode localizar o enderezo e demais datos de contacto das aulas CeMIT onde se realizarán estas probas no mapa de centros publicado na nosa web https://cemit.xunta.gal/gl/centros

· Podo preparar dalgunha maneira a proba?

Na nosa plataforma de teleformación (https://formacion-cemit.xunta.gal) están dispoñibles os contidos formativos en liña de uso voluntario que facilitan a preparación da proba.

Pode acceder á mesma coas súas credenciais de usuario/a da rede CeMIT