Listaxe definitivo persoas admitidas - probas certificación ComDix -Abril

Publicación da listaxe definitiva de PERSOAS ADMITIDAS para a realización das probas de certificación ComDix-Iniciación (abril)
En cumprimento do establecido na base Quinta.- Publicación da relación do persoal seleccionado da Resolución do 13 de febreiro de 2025 (DOG nº 36, do 21 de febreiro), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix - Iniciación, PUBLÍCASE a listaxe definitiva de persoas admitidas para a realización destas probas de certificación.
- Listaxe de persoas ADMITIDAS
As persoas que figuran nesta listaxe recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección.
De acordo coa base Sétima de dita Resolución, no caso de non presentación a proba sen xustificación as persoas admitidas non poderán inscribirse nunha nova proba nun prazo de doce meses.
As persoas con discapacidade legalmente recoñecida, poderán solicitar a adaptación do tempo ou dos medios necesarios para a realización da proba. A dita adaptación deberá comunicarse cunha antelación mínima de cinco (5) días á data de realización da proba por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.gal
Enlace as normas xerais da proba de certificación: https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl/normas
