Procedemento de asignación de prazas non cubertas

9Out

Procedemento de asignación de prazas non cubertas

 

 

 

Listaxe de prazas non cubertas.

Probas de certificación ComDix-Iniciación (outubro).

 

En cumprimento do establecido na base Sexta.- Procedemento de asignación de prazas non cubertas  da Resolución do 27 de agosto de 2025  (DOG nº 174, do 10 de setembro), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix - Iniciación, e unha vez rematados os prazos de renuncias e de chamadas das listaxes de reserva, PUBLÍCASE a listaxe de lugares con prazas vacantes ou desertas.

A estas prazas soamente poderán optar aquelas persoas que figuren nas listaxes de reserva por non obter praza no lugar, día e hora seleccionado previamente na súa inscrición.

Estas persoas recibirán o luns 13 de outubro no seu correo electrónico un formulario no que poderán escoller unha quenda dispoñible das que figuren na listaxe de vacantes, se é do seu interese, así como as instrucións necesarias para a súa cumprimentación e nas que se explica o procedemento de asignación e o prazo no que estará dispoñible para cumprimentalo.