Listaxe DEFINITIVA de persoas admitidas - probas certificación ComDix -Intermedio (novembro/decembro)

Publicación da listaxe DEFINITIVA de PERSOAS ADMITIDAS para a realización das probas de certificación COMDIX-INTERMEDIO (novembro/decembro)
En cumprimento do establecido na base Quinta.- Publicación da relación do persoal seleccionado da Resolución do 26 de setembro de 2025 (DOG nº 197, do 13 de outubro), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix - Intermedio, PUBLÍCASE a listaxe definitiva de persoas admitidas para a realización destas probas de certificación:
- Listaxe DEFINITIVO de persoas ADMITIDAS (probas 26-27-28 novembro)
- Listaxe DEFINITIVO de persoas ADMITIDAS (probas 03-04-05 decembro)
De acordo coa base Oitava.- Penalizacións de dita Resolución, no caso de non presentación ou renuncia a proba sen xustificación documental as persoas matriculadas serán penalizadas e non poderán inscribirse nunha nova proba nun prazo de doce meses.
As persoas con discapacidade legalmente recoñecida, poderán solicitar a adaptación do tempo ou dos medios necesarios para a realización da proba. A dita adaptación deberá comunicarse cunha antelación mínima de cinco (5) días á data de realización da proba por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.gal
Enlace as normas xerais da proba de certificación: https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl/normas
