Procedemento de asignación de prazas non cubertas

Listaxe de prazas non cubertas.
Probas de certificación ComDix-Intermedio (novembro / decembro).
En cumprimento do establecido na base Sexta.- Procedemento de asignación de prazas non cubertas da Resolución do 26 de setembro de 2025 (DOG nº 197, do 13 de outubro), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix - Intermedio, e unha vez rematados os prazos de renuncias e de chamadas das listaxes de reserva, PUBLÍCASE a listaxe de lugares con prazas vacantes ou desertas.
- Listaxe de prazas vacantes
A estas prazas soamente poderán optar aquelas persoas que figuren nas listaxes de reserva por non obter praza no lugar, día e hora seleccionado previamente na súa inscrición.
Estas persoas recibirán o martes 11 de novembro no seu correo electrónico un formulario no que poderán escoller unha quenda dispoñible das que figuren na listaxe de vacantes, se é do seu interese, así como as instrucións necesarias para a súa cumprimentación e nas que se explica o procedemento de asignación e o prazo no que estará dispoñible para cumprimentalo.