Data e hora de realización do sorteo público de extracción do número aleatorio para establecer a orde de prelación - Probas presenciais ComDix iniciación - edición outubro 2025

En cumprimento do establecido na base Cuarta.- Criterios de selección  da RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2025 (DOG núm 174 mércores de setembro de 2025), pola que se convocan as probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix, no seu nivel Iniciación,  publícase o lugar e  data de realización do sorteo público para  establecer a orde de prelación na asignación das prazas dispoñibles para a realización das probas de certificación en cada localidade.

 

Sorteo para a edición das probas de outubro:

DÍA:      Mércores,25 de setembro.

HORA:   13:00 horas.

LUGAR:  Oficina CeMIT - Centro de Emprendemento de Galicia

                Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

                15707- Santiago de Compostela

 

  • Se elaborará unha listaxe tomando a data e a hora de rexistro no sistema das persoas participantes e asignarase o número un (1) ao primeiro solicitante e así sucesivamente ata o último rexistro.
  • Realizarase un sorteo a través dunha aplicación informática que seleccionará aleatoriamente un único número de entre os que integran a listaxe de persoas solicitantes do punto anterior. Este número corresponderá ao día, hora e minuto concretos en que se realizou a preinscrición.
  •  As prazas adxudicaranse a partir da solicitude correspondente co número determinado no parágrafo anterior da listaxe previamente ordenada e continuarase, ata esgotar as prazas vacantes e reservadas, para aquelas solicitudes ás que correspondan os seguintes números segundo a orde ascendente da serie numérica.
  • Para os efectos do número anterior, no caso de finalizar a lista sen cubrir o número total de prazas dispoñibles, continuarase desde o seu comezo.
  • O resultado do sorteo, así como as listaxes provisionais de persoas admitidas provisionalmente para a súa matriculación e en listaxe de agarda, será publicado na páxina web da rede CeMIT para a súa consulta pública (http://cemit.xunta.gal).
  • As persoas que resulten seleccionadas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmatorio da súa selección e poderán comunicar a súa desistencia a participar na proba nun prazo de dez (10) días naturais desde a publicación da listaxe provisional. Esta renuncia deberá comunicarse por correo electrónico ao enderezo formacion-cemit@xunta.es.