Prazo de inscrición: do 19 ao 28 de febreiro
Resolución do 4 de febreiro de 2026 (DOG nº 32), pola que se convocan cursos titorizados en liña con aproveitamento activo e avaliación continua, para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no seu nivel de iniciación.
Esta convocatoria ofrece dúas vías oficiais para obter o Certificado ComDix – Nivel Iniciación, acreditación recoñecida pola Xunta de Galicia que certifica as competencias dixitais básicas segundo o marco europeo DIGCOMP 2.2.
As persoas interesadas poden optar por un curso completo de 250 horas ou por completar o itinerario formativo mediante a realización dalguns dos 7 cursos individuais que o compoñen, todos eles titorizados e con avaliación continua.
Recordar que a inscrición no Plan formativo A é incompatible coa inscrición en calquera dos cursos individuais incluídos no Plan formativo B. As persoas que figuren inscritas nos dous plans ao remate do prazo de inscrición serán excluídas automaticamente de ambos os dous plans.
Período de inscrición: 19 ao 28 de febreiro
O curso completo ofrece unha formación integral de 250 horas, cun total de 150 prazas, e desenvolverase entre o 16 de marzo e o 29 de xuño de 2026.
Plan formativo A, compuesto por los siguientes bloques:
- Bloque 0: ¡Empezamos! Introdución ao Marco galego de competencias dixitais.
- Bloque 1: Coñece o entorno dixital.
- Bloque 2: Ten a información dixital sempre a man.
- Bloque 3: Tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar.
- Bloque 4: Participa na sociedade dixital.
- Bloque 5: Crea contidos dixitais.
- Bloque 6: Benestar dixital.
Período de inscrición: 19 ao 28 de febreiro
O itinerario formativo permite obter o certificado completando os seguintes 7 cursos individuais.
Esta opción é a ideal para aquelas persoas que xa teñen realizado algún destes cursos e queren completar o itinerario completo de 250 horas, ou aquelas que queren formarse paso a paso adaptándose aos seus tempos e necesidades.
FAQs
Non. O nivel Iniciación está pensado para persoas que comezan ou queren reforzar competencias dixitais básicas. Non se require ningún coñecemento previo.
Hai dúas opcións:
Plan A: Un curso completo de 250 horas que inclúe os 7 bloques do itinerario ComDix – Iniciación.
→ Se o superas, obtés directamente a certificación ComDix – Iniciación.
Plan B: Os mesmos 7 bloques, pero como cursos independentes.
→ Podes facer un, varios ou todos, en calquera orde.
Non.
A inscrición no Plan A é incompatible coa inscrición en calquera curso do Plan B.
Se unha persoa aparece inscrita en ambos, será excluída dos dous.
Se hai máis solicitudes que prazas:
- Ordénanse todas por data e hora de rexistro.
- Realízase un sorteo público que determina a data e hora de inicio.
- As prazas asígnanse correlativamente desde esa data/hora en adiante.
Publicarase unha listaxe provisional na web da Rede CeMIT.
As persoas seleccionadas terán 10 días naturais para renunciar se o desexan.
Despois deses 10 días publicarase a listaxe definitiva.
Para cada bloque ou curso:
- Obter a cualificación de Apto en todas as actividades obrigatorias.
- Superar o cuestionario final, con dous intentos e un mínimo do 50 % de respostas correctas.
- Plan A: diploma de aproveitamento de 250 horas + certificación ComDix – Iniciación emitida pola Amtega.
- Plan B: diploma de cada curso superado, válido para completar o itinerario ComDix – Iniciación.
Si.
Se obtés praza e non completas polo menos o 50 % das actividades, pasarás ao final das listas de espera de todas as actividades ComDix durante os 12 meses seguintes.
Non se aplica penalización se o abandono se debe a causas xustificadas (hospitalización, nacemento/adopción, falecemento dun familiar, obrigas públicas, etc.).