Obtén a certificación ComDix- Iniciación tras a superación dun curso titorizado con avaliación continua

 

 

 

Fórmate en liña en competencias dixitais, co acompañamento dunha persoa titora que te axudará na resolución de dúbidas e o afianzamento dos coñecementos.

As convocatorias se publican no Diario Oficial de Galicia, cun número de prazas limitado e con procedemento de inscrición e selección.

 

 

 


 

 

  FORMACIÓN  DISPOÑIBLE

NIVEIS ESTADO

  Formación titorizada con aproveitamento activo e avaliación contínua

  (curso completo de 250 horas)

 

  Edición 2025

  Aberta a inscrición nesta edición do 24 de abril ao 5 de maio, inclusive (DOG nº 77 do 23 de abril)

 

 

Consiste en completar un itinerario formativo composto de 6 bloques  titorizados seguindo un modelo de avaliación contínua e titorización activa que promove a dinamización da participación do alumnado e asegura un soporte constante e efectivo.

Inclúe a corrección e resolución de dúbidas organizativas, de contido e técnicas ao longo do bloque, garantindo así unha experiencia de aprendizaxe completa e enriquecedora.

A formación comeza co bloque en autoformación "Comezamos", unha introdución de 10 horas que inclúe un test de autodiagnóstico para que o alumnado poida avaliar o seu nivel inicial e identificar as súas necesidades de aprendizaxe, e seguirá cos bloques formativos:

  •   ComDix I: Coñece a contorna dixital (25 horas): aborda o manexo e a comprensión da contorna dixital básica.
  •   ComDix II: Ten a información dixital sempre a man (35 horas): céntrase na organización e na xestión eficiente da información dixital.
  •   ComDix III: Tecnoloxías dixitais (40 horas): explora as tecnoloxías dixitais e como empregalas no día a día.
  •   ComDix IV: Participa na sociedade dixital (50 horas): fomenta a interacción e a colaboración na contorna dixital.
  •   ComDix V: Crea contidos dixitais (50 horas): trata a creación de contidos dixitais de forma creativa e profesional.
  •   ComDix VI: Atopa o benestar dixital (40 horas): promove o equilibrio e a seguridade no uso das tecnoloxías dixitais.
Os diferentes contidos, actividades e cuestionarios dos bloques irán abríndose a medida que o alumnado vaia avanzado neles, polo tanto pode seguir o ritmo que desexe, sempre tendo en conta que nas actividades prácticas necesitará da avaliación do persoal titor para poder pasar ao seguinte bloque antes da data de peche que se estableza para cada un deles.

Ao superar cada bloque, o alumnado obterá un diploma de aproveitamento acreditando os coñecementos adquiridos e as horas de formación correspondentes.

 A superación do total dos bloques que conforman este itinerario formativo eximirá da necesidade de facer unha proba de certificación final como tal para a obtención da correspondente certificación ComDix (nivel Iniciación),  que será emitida de oficio pola Amtega  acreditando oficialmente as competencias adquiridas neste nivel formativo.

 

 


CARACTERÍSTICAS da FORMACIÓN TITORIZADA con avaliación contínua

 

Formación en liña, sendo necesario ter un equipo informático con conexión a internet e navegador web.

 

Cada bloque temático ten un prazo máximo de realización, pero non ten prazo mínimo; é dicir, unha vez superados todos os test e actividades correspondentes a cada bloque, se abrirá o seguinte secuencialmente.

 

Así, o alumnado marca o seu propio ritmo, podendo rematar cada un dos bloques temáticos según o seu grao de implicación e avance.

 

A superación do total dos bloques que conforman este itinerario formativo outorgará o dereito a obter a correspondente certificación ComDix (nivel Iniciación), que será emtida de oficio pola Amtega.

 

Para facilitar a comunicación e o acompañamento, estará dispoñible un foro dentro da plataforma, onde as persoas participantes poderán realizar consultas relacionadas co desenvolvemento do curso e recibir soporte técnico de forma áxil e organizada, atendido pola persoa xestora.

 


 

 

Preguntas frecuentes (FAQs)